Miles de galegos na Arxentina quedan sen a sinal da TVG nos seus fogares.

Imprimir
petitoriotvg

-A sinal era seguida  por milleiros de galegos a través dun servizo básico de TV cable xestionado polo poderoso grupo Clarín. Os galegos no exterior que queiran seguir o canal deberán pagar un abono mensual próximo aos 40 euros, a pesar de que a sinal chega sen custe para a empresa arxentina.

Miles de galegos residentes na Arxentina perderán a posibilidade de seguir as transmisións da TVG,  trala decisión unilateral da empresa Cablevisión S.A. de retirala do seu paquete básico. A partir do 1 de setembro, e sen comunicar os motivos, a sinal da TVG só está dispoñible na franxa “Premium” deste operador de TV cable, o maior do país,  pertencente ao xigante empresarial Grupo Clarín. Nese senso, a colectividade agrupada na Unión de Sociedades Gallegas da Arxentina, está a desenvolver unha petición en Change.org, co lema “Devuélvenos a los usuarios de Cablevisión Básico la señal de TV Galicia”.

Até o de agora, os galegos, ao igual que o resto da poboación, tiñan acceso á TVG nun paquete básico próximo aos 230 pesos, uns 30,50€ euros mensuais. A partir do domingo pasado, a canle galega pasou ao servizo de contratación “Premium”, cunha coto un 25% máis caro que o paquete básico.  O valor do servizo resulta prohibitivo para boa parte dos galegos residentes na Arxentina, que agora deberán enfrontarse ao “maior monopolio de medios do país con presenza en todas as provincias arxentinas, cun periódico, El Clarín, e unha canle aberta Canal 13”, segundo informaron a Valminor.info dende a Asociación de Sociedades Gallegas da Arxentina.

A petición estase a espallar entre a colectividade galega na Arxentina, estimada nunhas 130 mil persoas, e tamén na procura da solidariedade do resto da poboación.

Petición a Cablevisión S.A.: ” Devuélvenos a los usuarios de Cablevisión Básico la señal de TV Galicia.”

Miles de Gallegos y descendientes de Gallegos en Argentina tienen su nexo de unión con su tierra por medio de la señal de TV Galicia. El que ya no esté disponible dentro de las señales básicas del servicio de Cablevisión nos quita la posibilidad de poder estar en contacto con nuestra tierra, nuestro idioma, nuestras costumbres que mantenemos a pesar de la distancia que nos separa con nuestras raíces

A resposta da TVG ao colectivo de residentes galegos na Arxentina

Valminor.info non puido contactar con responsables da TVG, máis desde o colectivo de residentes na Arxentina, sinalan que cando notificaron esta decisión do Grupo Clarín ás autoridades da TVG, recibiron por resposta que a emisión da sinal é gratuíta desde Galicia e que o organismo non interfire na distribución terrestre da sinal.