Mércores, 16 Oct. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en América Os campións miñoráns de bolos celta participarán da VI Intercontinental en Arxentina e Uruguai.

Os campións miñoráns de bolos celta participarán da VI Intercontinental en Arxentina e Uruguai.

Correo-e Imprimir PDF
bolos-celtas

O campión galego, José Rodríguez Domínguez (Gondomar), e o subcampeón, Sergio Silva Vila (Baiona) formarán parte da Selección Española de Bolos que defenderá o seu título Intercontinental na VI edición do torneo a celebrarse a partir do 28 de marzo nas cidades de Bos Aires (Arxentina) e Montevideo (Uruguai).

 

Entre os próximos días 28 de marzo e 10 de abril se celebrará nas cidades de Bos Aires (Arxentina) e Montevideo (Uruguai) o VI Campionato Intercontinental de Bolos Celta.

O torneo será organizado pola Asociación Argentina de Bolos e o Centro Deportivo y Social de Bolos Valle Miñor de Montevideo, e contará coa colaboración da Federación Española de Bolos e o Consejo Superior de Deportes de España. O equipo representativo de España será a Selección Española de Bolos, a que estará formada por os dous xogadores da Federación Galega e outros dos da Federación Asturiana.

Convocados

Os xogadores convocados da federación galega son José Rodríguez Domínguez do club de Bolos San Vicente de Mañufe (actual campión individual Galego; de España e Intercontinental) e Sergio Silva Vila do club de Bolos Belesar-Urgal (terceiro clasificado no campionato de España, e sub-campeón galego).

Os deportistas convocados pola federación Asturiana son Noé García González, da peña de Bolos La Oteda (Tineo- Asturias), sexto clasificado do campionato de España e, José Antonio Garcia Rodríguez da peña de Bolos La Panera (Cangas de Narcea-Asturias), octavo clasificado no campionato de España.

Calendario da competencia

Os días 29, 30 e 31 de marzo se competirá nos campos dos centros Valle Miñor, Centro Galicia e Centro Cangas de Narcea de Bos Aires . O torneo continuará os días 6, 7 e 8 de abril no Centro Valle Miñor de Montevideo.

A comitiva española estará encabezada polo delegado federativo Santiago Fernández López.

Ademais da competición en si, a organización do evento pretende con estes campionatos "manter lazos de amizade e confraternidade, así como potenciar a práctica do bolo celta entre galegos e asturianos de ambas partes do Océano Atlántico".