Xoves, 12 Dec. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en América Ruada galega no círculo social

Ruada galega no círculo social

Correo-e Imprimir PDF

O Círculo Social do Val Miñor organizou o pasado sábado 20 de outubro, o seu tradicional "Ruada Galega", na súa sede social de Rafaela 4840, da cidade autónoma de Bos Aires.

Foi unha magnífica "xuntanza galega", onde centos de persoas de todas as idades, e en particular moitos mozos da Colectividade participaron dunha festa co mellor de Galiza: a súa música, as súas danzas e súas comestas típicas.

Actuaron de maneira informal e absolutamente distendida, distintas agrupacións folkloricas galegas tradicionais: a Asociación Tui e Salceda; o Centro Galicia de Bos Aires; a Asociación Residentes de Mos; o Centro Arzuano Melidense; os "Vos Furafoles" da Sociedade Parroquial ; a Asociación Benéfica e Cultural de Partido de Corcubión e da Asociación Fillos de Zas, aos Grupos Infantil e de Gaitas do propio Circulo Val Miñor.

O ingreso foi libre e gratuíto e puidéronse degustar no surtido buffet atendido e preparado polos propios directivos e amigos do Círculo, entre outras delicias, os produtos dos Frigoríficos "O Bierzo" e "Riosma" que colaboraban con este encontro. A velada contou coa animación do mestre gaiteiro Daniel Pazos e dun convidado especial, o profesor de gaitas chegado desde Galiza, Oscar Ibañez.

Din que as velas arderon ata máis alá das 4 da madrugada...a alegría e a diversión venceu ao sono. Na imaxe, todos os gaiteiros e percusionistas soando como un gran banda galega.