Venres, 26 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Opinion Percepcións dun introvertido

Percepcións dun introvertido

Das partes e tamén do todo.

Correo-e Imprimir PDF

retallos-de-gondomar-de-minO branco, xa me teño pronunciado, é unha cor ou, mellor dito, unha non-cor que sempre me agradou. Unha presenza visual, non a única claro, coa que me identifico, particularmente cando se incorpora a unha arquitectura. Percíboa como unha das ferramentas que se poden utilizar para axudar a abstraer todo artefacto arquitectónico e, polo tanto, para subliñar o seu carácter artificial, isto é, evidenciar a condición de ser creado polo ser humano. Sempre, un artificio. O branco, se nos referimos ás propiedades da luz, e segundo demostra todo prisma refractario, tamén é o resultado ou sumatorio das cores-luz do arco da vella ou, o que é o mesmo, do espectro visible polo ollo humano dentro de todo o espectro electromagnético. Ou sexa, na luz branca habitan todas as cores; está o día; está a vida. Se aceptamos isto último non nos custará esforzo aceptar que na falta de luz, nas tebras, no negro, se refuxian as ausencias. E durante o sono estamos, pero vívese sen vivir.

Mireime na auga.

Correo-e Imprimir PDF

 

Coa-palabra-na-bocaNon lembro con exactitude cando foi nin onde, pero ocorreu. Anoitecía, hai anos. Penso que era final de verán e eu camiñaba sen rumbo entre impersoais edificios da máis poboada cidade de Galicia, que dito así mesmo parece que falásemos dunha metrópole, cando na distancia distingo un nutrido grupo de persoas novas, mesturadas con outras de máis idade, arredor de non sei que. A curiosidade impúlsame; axiña descubro a causa.

Hortas de maxia.

Correo-e Imprimir PDF

 

elsurFoi hai un momento, buscando un libro de reducido tamaño sobre a sustentabilidade arquitectónica na libraría que dá servizo ao pequeno estudio de casa, cando a miña vista tropezou, no último andel, coas películas de Erice.

Bandullo de balea.

Correo-e Imprimir PDF

 

casa-Camacho-SindeAndamos desasistidos. Non, non me refiro a que bote en falta unha tutela aínda máis paternalista por parte do Estado; quita. Nin a que os banqueiros e as multinacionais nos miren de esguello, mentres manteñen a postura, ata onde lles permite a pesada carga da saqueta que portan, para, se a ocasión é propicia, saír correndo, en vez de facelo de fronte e sen malicia. Non. Refírome ao alento. É tanto o tempo que levamos tirando pola vida en condicións desmedidamente precarias, no plano económico-social digo, que xa case non nos quedan reservas, pero, aínda así, non cederemos. Falo da masa social que compoñemos a parte media-baixa da pirámide. A maioría. Obvio.

A beleza; consideracións próximas.

Correo-e Imprimir PDF

juan-rulfoAo meu pai.

Vivimos tempos difíciles, convulsos para todos; ou máis atinadamente, para case todos. Tempos inseguros no económico-social e profesional, e, tamén, moi tristes no persoal. Aínda así, non deixamos de buscar a beleza, esa condición, tan detectable e confusa a un tempo, perseguida incesantemente por un ser humano que, ao meu entender, non resistiría a vida sen a súa existencia. Penso que a beleza, dalgún xeito, está relacionada co recordo, coa memoria. Tamén coa intelixencia. Pero, e que é a beleza?. Dicía Santa Teresa, citando a Platón, que a beleza se topa na verdade. Pois, que é a verdade? cal verdade? Intuímos o que Teresa quería dicir, cremos saber a que se refire e, non obstante, tamén coñecemos a subxectividade. Un dos personaxes da moi boa película de San Mendes, American Beauty, ante a estrañeza e inicial incomprensión da súa amada, relátalle, nos seguintes termos, o porqué de 15 minutos de continua gravación do rostro sen vida dun esmoleiro no que creu ver un ricto de felicidade: "cando acontece algo así, é coma se Deus te mirase aos ollos e, se estás atento, podes devolverlle a mirada. E que ves? Beleza". Este personaxe, dotado de finísima sensibilidade, fala da súa verdade; subxectiva, si, pero non exenta de argumentos.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL