Luns, 22 Maio. 2017

Actualizado10:28:06 AM GMT

Estás en Opinion Percepcións dun introvertido

Percepcións dun introvertido

Quizais... UNHA ARQUITECTURA

Correo-e Imprimir PDF

Casa D.Chipperfield, en Corrubedo. Apunte de 2003 / a.s.t.

Hai uns días, visitoume no estudio un home xoven. Decidira encargarme o proxecto dunha pequena casa; non máis de noventa metros cadrados útiles. Falamos. Conta que a parcela é chaira, está ben soleada, e sitúase no municipio de Gondomar, en pleno corazón do Val do Miñor, a uns quince metros sobre o nivel do mar e a cinco sobre o leito do río que lle dá nome ao val. Mentres o escoito, no meu interior, unha vez máis, noto como empezan a espertar, a formar, o pelotón das dúbidas; e un medo: volver caer nalgún erro do pasado. Aínda non sei como ira xurdindo o proxecto, moito menos como será, pero xa todo se pon en marcha. Conta Juan Gelman que nunca sabe o que quería dicir ata que o escribiu. Aquí, solo cambia o oficio; a problemática, á hora de abordar e buscar solución á obra, é a mesma para o escritor e para o arquitecto. Tamén dan voces, berran, un grupo de percepcións e conceptos; son, os meus... pre - xuízos arquitectónicos.

DO SON e o seu antónimo

Correo-e Imprimir PDF
Pavillón ESCOITAR, para detectar e gozar cos sons. Parque de Kalkriese – Alemaña.Arquitectos: Annette Gigon e Mike Guyer

Anos despois, acabo de reler Pedro Páramo, de Juan Rulfo. Mentres lía, na miña cabeza coábase unha e outra vez, sen saber por qué, Goognight Irene, incluída por Ry Cooder no traballo Chicken skin music. As asociacións de ideas e as percepcións prodúcense, segundo en que ocasións, sen que o individuo teña que facer nada de xeito consciente para que sucedan. Simplemente acontecen.

AFINIDADES CROMÁTICAS (II)

Correo-e Imprimir PDF
Fragmento de paisaxe, dende a minha ventá, nun día de outono.

Na primeira entrega centrei o artigo nalgunhas percepcións miñas sobre a cuestión da cor nos obxectos, artefactos e obras propostas polo ser humano, e as consecuencias, ou non, que isto ten para a beleza; para algún tipo de beleza. Para o meu tipo. Nesta segunda entrega fixareime na cor da contorna natural desas obras; basicamente no mundo vexetal.

Afinidades cromáticas

Correo-e Imprimir PDF
Agalia de abaixo - Santiado de CompostelaComo é sabido, o ser humano percibe a natureza en cores e ademais trata de imitala. Dende tempos remotos utilizou o cromatismo para manifestar os seus intereses e emocións e hoxe, miles de anos despois, ségueo facendo.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL