Sábado, 12 Oct. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Opinion Opinión

Opinión

A cultura galego-portuguesa na Unesco

Correo-e Imprimir PDF

Santiago VelosoHai hoxe 10 anos, un grupo de profesores e profesoras entregaba na sede da Unesco en Paris unha candidatura do patrimonio común galego- portugués. A primeira Candidatura Multinacional promovida por centros educativos de dous países da Unión Europea, e avalada por dous Estados. Pero detrás desta entrega houbo un intenso traballo conducido pola Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte...nas ondas!

O noso corpo, o noso territorio

Correo-e Imprimir PDF

dereitos mulleresMANIFESTO DAS COORDENADORAS NACIONAIS DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES DE CATALUNYA, EUSKADI E GALIZA CONTRA O PROXECTO DE LEI DE ABORTO DE GALLARDÓN
"O NOSO CORPO, O NOSO TERRITORIO"
No mes de decembro o Consello de Ministros do Estado Español aprobou o proxecto de reforma da Lei do Aborto presentado polo ministro de Xustiza, Alberto Ruíz Gallardón, que leva por título: "Lei orgánica de protección da vida do concibido e dos dereitos da muller embarazada". Con esta reforma o partido popular cede ás presións da xerarquía católica e os grupos ultra conservadores, integristas e fundamentalistas que pretenden frear os cambios das mulleres para que non saiamos do perfil maternidade-domesticidade. Coidadoras ao servizo dos demais.
A norma, que pretende derrogar a vixente "Lei de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo" non só eliminaría -no caso de ser aprobada- o sistema actual de prazos, no que durante as primeiras 14 semanas de embarazo a muller pode abortar sen ter que alegar ningún motivo, senón que ademais restrinxiríanse os supostos para poder abortar legalmente. Só habería dous: violación e grave perigo para a vida ou a saúde física ou psíquica da muller. Sería o persoal médico -con requisitos máis estritos que no 1985 e un procedemento máis longo- os que decidirían si ese perigo existe. Non todas as malformacións fetais, segundo este anteproxecto, serán tidas en conta para poder abortar, aínda que si o sería o efecto psicolóxico que isto teña na embarazada, co conseguinte prexuízo no expediente de saúde para a muller, que podería ser no futuro, utilizado na súa contra para alegar incapacidade no caso de, por exemplo, unha demanda pola custodia d@s fill@s, ou á hora de buscar un emprego, etc.

Convocatoria para celebrar o Día da Patria no Val Miñor

Correo-e Imprimir PDF

Xentes nacionalistas e de esquerdas do Val Miñor, con ou sen militancia partidaria, mais tamén preocupadas pola nosa Comarca e por Galiza, imos celebrar de maneira unitaria, festiva e reivindicativa o 25 de Xullo.
O acto será no Pazo da Escola, en Mañufe-Gondomar, este martes día 22, ás 20,30 do serán e consistirá nun pincho, música e un discurso feito por unha personalidade do Val Miñor, presentado polo historiador, arqueólogo e froiteiro Xosé Lois Vilar.

Manifesto: Pola rexeneración democrática dos concellos do Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

Nós, cidadáns e cidadás galegas, residentes nos concellos do Val Miñor, conscientes do enorme deterioro social, político e económico que estamos a sufrir como consecuencia das políticas de austeridade impostas dende as instancias económicas e políticas internacionais; conscientes das limitacións democráticas do réxime bipartito nacido na Transición; conscientes da renuncia por parte das institucións á defensa dos sectores máis agredidos e dos sectores produtivos...

Dende unha posición estritamente persoal, APELAMOS,  á cidadanía, aos diversos movementos asociativos: sociais e culturais, así como ás formacións políticas democráticas, progresistas, de esquerda e /ou nacionalistas, a iniciar o dialogo necesario e urxente co fin de conseguir unha ampla alianza social e política para configurar CANDIDATURAS UNITARIAS   co obxecto de:

•             Rexenerar a democracia nos tres concellos miñoranos para acabar coa  corrupción sistémica nos concellos e a falla de transparencia.

•             Defender dende as instancias municipais aos sectores máis agredidos polas políticas de recortes e eliminación nas prestacións sociais, sanidade, ensino, cultura, lingua...

•             Impulsar políticas de ordenamento do territorio sometidas a criterios racionais e de respecto polo medio ambiente, polo patrimonio histórico...

•             Abrir os concellos do Val Miñor á participación cidadá, sen atrancos e coa transparencia como sinal de identidade. 

Conscientes da situación de emerxencia na que nos atopamos, así como de que entre as instancias ás que apelamos hai máis puntos de encontro que de discrepancia e conscientes da necesidade imperiosa de retirar do poder municipal aos partidos do réxime, facemos este chamamento á CIDADANÍA miñorana.

Val Miñor, xullo de 2014.

ASINAN:

Vaise acabar!

Correo-e Imprimir PDF

rexina vegaEscribo aínda co corpo roto polas horas de camiño e eufórico pola adrenalina do vivido. Acabo de chegar de Madrid e busco ansiosa o eco das Marchas da Dignidade na prensa do estado. A sensación de estafa é total. As cifras ridículas, a información nesgada, o modestísimo espazo, cando non a clara ausencia, nas portadas é común tanto nos xornais conservadores coma nos progresistas.

Supoño que somos moitos os que así nos sentimos, defraudados ao comprobar unha vez máis o grao de manipulación informativa da nosa chafalleira democracia, a penas unha capa de verniz que comeza a deteriorarse. A revolución non será televisada, non, como nos advirte o ensaio de Rebeca Bairecedo, pero que duro é comprobar o ángulo de sombra!

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL