Luns, 18 Nov. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Opinion Opinión O Comité de Persoal do Concello de #Gondomar ante a anulación do complemento salarial do arquitecto municipal.

O Comité de Persoal do Concello de #Gondomar ante a anulación do complemento salarial do arquitecto municipal.

Correo-e Imprimir PDF
mesa gondomar ciga

O Comité de Persoal do Concello de Gondomar quere facer as seguintes consideracións:
- Que o Xulgado Contencioso Administrativo nº 2 de Vigo dictou sentenza estimando o recurso contencioso-administrativo promovido por 40 traballadores do Concello de Gondomar, e presentado pola central sindical CIG, contra o acordo plenario do Concello de Gondomar de data 28.01.2011, de aprobación definitiva da modificación da Relación de Postos de Traballo, no que respecta á modificación do posto de Arquitecto Superior, anulando a modificación impugnada e deixándoa sen efecto.
- Que esta sentenza reforza todos e cada un dos argumentos e reclamacións que fixeron os traballadores do Concello de Gondomar, encabezados polos membros do Comité de Persoal, e que foron desoídos polo alcalde Martín V. Urgal Alonso e o seu equipo de goberno.

A subida salarial do Arquitecto Municipal foi ilegal, inadmisible e discriminatoria para o resto de traballadores do Concello de Gondomar, quedando constancia no expediente, tramitado ao efecto, da falta de argumentación e dos intentos do goberno de dar "apariencia" de legalidade ao que non o ten, dende o principio e ata o final.
O Comité de Persoal e os traballadores do Concello están satisfeitos de que a xustiza lles outorgara a razón e de que esta sentenza poida ser un punto de inflexión para que non se volten a repetir feitos semellantes.
- Na sentenza o xuíz establece os seguintes fundamentos:
1. Do exame do expediente non se desprende ningunha xustificación obxectiva para a modificación da RPT no que respecta aos complementos de destino e específico do Arquitecto Municipal, sendo ademais todos os informes emitidos (da Secretaria Xeral do Concello, do Interventor Municipal e da Comisión Provincial de Asesoramento Municipal da Deputación Provincial) frontalmente contrarios á devandita modificación da RPT.
Despréndese de todo isto que a modificación é arbitaria, xa que o Arquitecto Municipal adquire uns dereitos retributivos carecendo dos requisitos para a súa adquisición e se vulnera o procedemento legalmente establecido a causa da inexistencia de argumentación legal sustantiva que ampare dita modificación.
2. Á vista dos informes desfavorables, o expediente de modificación da RPT continuou con outras actuacións conducentes a intentar xustificar o incremento retributivo mediante unha argumentación a posteriori, nova, basada nun presunto cambio ou incremento nas funcións do posto de Arquitecto Municipal. É dicir, vendo que era clara a ausencia de motivación para a modificación, inténtase manter a toda costa cambiando sobre a marcha a xustificación da mesma sobre a base de unhas novas presuntas funcións, unhas presuntas novas circunstancias que todos os funcionarios do Concello negaron nas súas alegacións e que o propio Concello non seu acordo de aprobación inicial non contemplaba. Isto denota a ausencia de correspondencia coa realidade obxectiva das supostas novas funcións que se indican no expediente, que son as de participación no desenvolvemento e diseño técnico do novo Plan Xeral, unhas novas funcións que inicialmente non lle foron atribuídas e que non foran recollidas na descrición de postos da RPT. Esta nova atribución iría acompañada dunha especial dedicación horaria.
A realidade é que se trata dun intento de construír de forma artificial unha decisión cuxa arbitrariedade e incluso ilegalidade denunciaron a Secretaria, o Interventor, o Centro Provincial de Asesoramento Municipal da Deputación, construíndo de forma sobrevenida unha xustificación novedosa para ese incremento retributivo, cuxa proposta e aprobación inicial non se amparaba en ningún cambio de funcións nin en un incremento do nivel de responsabilidade. É máis, non hai ningunha proba deste incremento de funcións, máis que unha mera enunciación na proposta da alcaldía para a resolución das alegacións presentadas.
O Equipo Técnico que elaborou a RPT non comprobou na realidade o plus de funcións, senón que cumpriu o encargo de analizar o impacto nos complementos específico e de destino destas supostas modificacións.
Non hai ningún vestixio probatorio de que se produciran estas modificacións no posto de Arquitecto Municipal, non só porque así o recoñece a Secretaria Municipal e multitude de funcionarios, senón porque a defensa procesal da administración municipal así o recoñece na contestación da demanda.

Gondomar, 6 de marzo de 2014

Asdo.: María García Vázquez (Presidenta do Comité de Persoal)