MeRZ 5

Imprimir

A última película do director iraniano Abbas Kiarostami, Copia certificada, é un curioso experimento que fala das complexas e paradoxais relacións entre a copia e o orixinal, entre o verdadeiro e o falso, baixo a escusa dunhas relacións persoais. Así, pouco a pouco, envolve ao perplexo espectador nun mundo onde nada é o que parece.   O neno xamais abre os agasallos. Diante dos rechamantes paquetes, prefire esquecer as horas e os días creando xogos, combinacións e posibilidades cos descoñecidos  contidos, intuíndo, quizais, a superioridade da imaxinación e do enigma sobre o efémero gozo dos obxectos. Endexamais sospeitará o neno que, dada á súa estraña conducta, os numerosos e feiticeiros paquetes cos que ano tras ano o agasallan, están baleiros. Fredric Jameson, vinculando o que chamamos postmodernidade cunha fase global e especulativa do capitalismo tardío, cóntanos que houbo unha vez unha cousa chamada signo que tiña unhas relacións directas e fluídas co seu referente ou significante. E dicir, unha palabra  referíase á un obxecto como un mapa á un territorio. Pouco a pouco esta relación  foise facendo mais débil e imprecisa, sen chegar a abolir de todo o obxecto real, o referente, que aínda conservaba  unha existencia difusa e afastada. Esa distancia que o referente mantén respecto ao signo, permítelle a este iniciar un momento de autonomía, unha existencia relativamente autosuficiente que lle confire certa distancia crítica.  Esta autonomía da cultura, esta semiautonomía da linguaxe, é o momento do modernismo burgués, produtor dunha estética que, aínda reduplicando o mundo, xa non pertence de todo á el. Na seguinte fase, o significante e o significado desvincúlanse completamente, facendo que a relación co referente ou obxecto real desapareza de todo. Só nos queda un xogo puro e aleatorio de signos ao que chamamos postmodernidade que, negando a producción de obras mestras e monumentais da época moderna, dedícase a reorganizar sen cesar os anacos de textos preexistentes ou deconstruindo os bloques de construción da antiga producción cultural e social, fomentando a crenza de que todo cambio no plano dos signos levará consigo un cambio na vida real.  José Luis Pardo define a Bartleby, o protagonista do conto de Melville, como un continente sen contido, un ser que só existe como pel, baleiro por dentro, sen vontade nin desexo. Evítese o contacto cos ollos, as feridas abertas ou as chagas sen cicatrizar. En xeral, as ONG que actúan nos países pobres, destinan a maior parte do seu presuposto, nalgúns casos máis das tres cuartas partes, ao  autofinanciamento.  Iso supón soster, na mesma proporción, un novo colonialismo onde axuda real, máis tamén mala conciencia, ideoloxía, inxerencia política ou  propaganda van da man duns simulacros de caridade e humanidade que, hoxe por hoxe, resultan anacrónicos, inútiles, contraproducentes e inaceptables. O sábado 19  comín cuns amigos en Vilaza. A conversa  foi derivando previsiblemente cara a política, a crise e a corrupción. Nunha discusión deste tipo xorden  os ideais traizoados, as ilusións contidas e os principios rexeitados, esquecendo sempre que, allea a toda delimitación, regra, idea ou prexuízo, a realidade é teimuda, inesgotable e sempre aberta.