Luns, 22 Maio. 2017

Actualizado10:28:06 AM GMT

Estás en Opinion Desde a Paraguda

Desde a Paraguda

Teoría da información III: 17 de maio

Correo-e Imprimir PDF

marta dacostaHai anos que algúns tratan o 17 de maio como unha data litúrxica. Baldéirana de contido e limítanse a facer algún acto de quedabén e ala, para o ano que vén. Este ano a coincidencia coa campaña electoral, permitiunos comprobar como se comportaban os candidatos das diferentes organizacións. A algúns oímolos usar sen prexuízo a lingua de Quevedo (certamente sen ese dominio do verso), outros pasaron os quince días dicindo que eran nacionalistas e en contra do que se agarda dun nacionalista trataron o 17 coma un día máis de campaña, é dicir, pasaron da lingua e das letras e non os vimos nin de esguello nas mobilizacións promovidas por Queremos Galego. En fin, como dixo Victoriano Taibo: “que nos coñezan polas obras”.

Axudádeme a cantar

Correo-e Imprimir PDF

marta dacostaAxúdame compañeira,

compañeiriña leale,

axúdame compañeira,

non me deixes quedar male

O pasado domingo día 22, o CCV de Peitieiros, en colaboración coa Comisión de Festas, organizou o I Serán en homenaxe ás pandeireteiras, unha actividade coa que se quería celebrar o Día internacional da muller. Velaquí as razóns que explican a actividade.

110 anos de A xungla

Correo-e Imprimir PDF

marta dacosta “… a imaxe da xungla, un mundo en que só contaba a forza bruta e que se rexía conforme a unha orde creada polos que retiñan esa forza co fin de someter os que non a posuían.”

O vindeiro mes de febreiro cumpriranse cento dez anos do inicio da publicación de A xungla, do escritor estadounidense Upton Sinclair. A xungla é unha novela que se publicou por entregas ao longo do ano 1905 no xornal socialista Appel to reason. A súa lectura tívome ocupada, e marabillada, nestas últimas semanas.

Esposa-escrava

Correo-e Imprimir PDF

marta dacostaA necesidade de mudar conciencias e erradicar argumentos e comentarios machistas que xustifican a violencia.

25 de novembro. Saímos á rúa e, un ano máis, procuramos chamar a atención das persoas que pasan, lemos textos, poemas, definicións que falan de violencia, violencia contra as mulleres. As persoas miran de lonxe, algunhas paran un segundo, un minuto, só unas poucas sentan, unha muller con velo nin repara no acto.

Desde este lugar do mundo.

Correo-e Imprimir PDF

marta dacostaA literatura galega estivo convidada este ano no Festival Isla de Literatura que organiza o Instituto Cervantes de Dublín desde 2012. Neste festival adoitan participar escritores en lingua española, inglesa e gaélica, e desde o pasado ano tamén en vasco. Este ano era o primeiro en que se convidaba a literatura galega, despois de que o Cervantes solicitase a colaboración da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, AELG, entidade que xa colaborou con outras actividades centradas na difusión da literatura galega e realizadas no Cervantes.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL