Mércores, 24 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Opinion Desde a Paraguda

Desde a Paraguda

Non en 2015

Correo-e Imprimir PDF

marta dacostaEste 5 de xullo reuniuse a Academia Galega. Como cada verán era o seu cometido elixir a persoa que sería homenaxeada no ano seguinte con motivo das Letras Galegas, esa efeméride que, segundo recolle a propia Academia: “viría ser a data destinada a recoller o latexo material da actividade inteleitual galega.” (declaración do 20 de marzo de 1963).

Este ano a Academia tiña enriba da mesa cinco propostas, entre elas as de tres autores: Carvalho Calero, Manuel María, Xela Arias, de traxectoria literaria intensa, fulcral na construción da literatura de noso desde parámetros ben diferentes, mais esencial e necesaria. Entre eles un autor que vén sendo reclamado pola sociedade galega como homenaxeado e respecto do cal o silencio da Academia acaba por se converter en estigma, ante a incapacidade de lle recoñecer o papel imprescindíbel que tivo na nosa cultura. Naturalmente refírome a Carvalho.

18 segundos

Correo-e Imprimir PDF

marta dacosta

Dezaoito segundos que pasan mentres escribo os dez caracteres desta frase.

Dezaoito segundos que pasan mentres conto os caracteres do numeral que a encabeza.

Dezaoito segundos que pasan sen que as ideas acudan, e a man detense sobre o teclado, pensativa.

Marzo escuro. #DíaDaMuller

Correo-e Imprimir PDF

marta dacostaNestes días en que o inverno comeza a despedirse, retomamos as palabras para falar de marzo. E talvez debera ser marzo todos os meses do ano, cada día e cada hora, un marzo que for consciencia da situación real da muller, un xesto decidido para denunciar que seguimos sen ter os mesmos dereitos cá outra metade da humanidade. Un marzo para levantar muros contra a violencia, deter o terrorismo machista que nos maltrata e nos mata. Un marzo para comprobar que os conceptos de que nos dotamos: invisibilidade, teito de cristal... seguen estando aí e que se a crise económica está ao servizo da destrución dos avances sociais que colectivamente fomos quen de acadar para o conxunto da humanidade, é coa muller e coa súa precaria situación laboral coa que é máis virulenta.

Contra a hipocrisía

Correo-e Imprimir PDF

marta dacosta-A modificación da lei do aborto como agresión aos dereitos das mulleres traballadoras e perpetuación dun modelo que non defende os dereitos da infancia.

“A revolución que a muller necesita inclúe a socialización do traballo doméstico e unha nova concepción da maternidade”,  Alexandra Kollontai

Marchamos contra a LOMCE

Correo-e Imprimir PDF

Marta DacostaEstamos na recta final da aprobación da LOMCE e temos a responsabilidade de facer visíbel a nosa oposición.

Cheguei á Universidade con escasos coñecementos da historia do meu país, a maior parte deles adquiridos grazas ao traballo realizado polo profesorado de galego, o único que naqueles anos me falaba na miña lingua e da miña realidade.

O mesmo aconteceu coa xeografía de Galiza. Tiven que memorizar até o castigo da copia reiterada os nomes dos afluentes dos ríos do Mediterráneo, ou do centro da Península, mais ninguén me falaba do Umia, Ulla, Sar, Tambre, Xallas, etc. E outros tantos accidentes e lugares deste país noso que non aparecía nos libros.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL