Cartas ao director
Limpezas aparentes
Todo o mundo sabe que o problema do lixo afecta a todos os concellos, non só ao de Baiona. Nembargantes, ún que presume de ser de Excelencia Turística debe xestionalo dun xeito moito máis coidadoso, a imaxe das rúas é coma o retrato da vila.
Vocacións egocéntricas
O Pleno do día de hoxe será o da dimisión de Don Luis Carlos de la Peña Arizaga. Un político que, nos guste ou non, non deixou indiferente á política baionesa. Tivo a capacidade de rodearse dunha amalgama de colaboradores, metade traballadores incesantes, metade activos con alta preparación. Coma se de un virus se tratase, foi absorvendo a membros doutras formacións políticas, sobre todo da extinguida UBI (Isabel Domínguez ou Manuel González), ou mesmo xente achegada ao PP (o recén incorporado Óscar Rodal).
Complicándonos a vida
Por fin se presentaron as sinaturas recollidas pola Cofradía e o Concello contra o concurso de Portos de Galicia na bahía de Baiona. 5.500 sinaturas poden considerarse un éxito abrumador, sempre e cando no teñamos en conta que se facemos unha criba non han de ser tantas de baioneses, pero en fin, como medida de presión non está nada mal.
Namentres, na outra marxe da baía, Panxón reclama a construcción dun porto deportivo. ¿Temos que sinalar a paradoxa? É evidente que non.
O nacionalsocialismo galego
Onte volvía do traballo e nas emisoras que levo programadas estaban emitindo, futbol, música,.... e quería escoitar un pouco o resumo da actualidade do día.
Normalmente sóeme tocar escoitar a actualidade económica, que non é que sexa o meu forte, pero non está de máis ver o que acontece no mundo bursatil.
Pero estes aparatos ás veces os carga o "diaño" e utilicei unha función para buscar emisoras por unha temática "Noticias"...
Normalmente sóeme tocar escoitar a actualidade económica, que non é que sexa o meu forte, pero non está de máis ver o que acontece no mundo bursatil.
Pero estes aparatos ás veces os carga o "diaño" e utilicei unha función para buscar emisoras por unha temática "Noticias"...
Eurovento, ¿a Ronáutica dos montes?
A nova non afecta excesivamente a Baiona, xa que somentes recaerán no termo municipal dous ou tres aeroxeneradores, pero nestes casos sempre nos fai desconfiar que se fagan publicacións no DOGA de Agosto.
O caso é que a Consellería de Innovación e Industria, comandada polo BNG, tenta instalar na Serra da Gobra un parque eólico, denominado “Albariño I”.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL