Martes, 23 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Opinion Cartas

Cartas ao director

Felicitacións

Correo-e Imprimir PDF
Francisco Fernández del RiegoUn día 7 de xaneiro, como un regalo con un pouco de retraso, chegou nun fogar das terras de Lourenzá un miúdo que ía levar por nome Francisco Fernández del Riego. Disto hai hoxe 95 anos.Dende ista fiestra que se abre ao Val Miñor desexaría mandar unha lembranza é un agarimoso saúdo para o noso ilustre veciño adotivo. 

Moi malos estrategas

Correo-e Imprimir PDF

É día de fin de ano, son as 8 da tarde e non parece un momento moi acaído para falar dun tema tan serio.

Xa Carlos Méixome escribiu aquí palabras ben atinadas sobre o concepto e o significado da propiedade.

Eu podería ficar calado, deixar enfriar a cousa. Pero non. Aínda con medo a dicir algunha inconveniencia, non me resisto a opinar en quente. Pódeme a carraxe.

Non todo vale

Correo-e Imprimir PDF
Caseta CovadiñeiroO grafitti é un xeito de expresión que eu respecto, e paréceme ben que a xente tente decir e expresar libremente o que queira. Só faltaría. Agora ben, desagradame a falla de respecto por outras obras ou feitos de expresión que están aí de antes, e que se poden compartir ou non, poden gustar ou non.

Unión-Penosa, parroquias e Axenda 21

Correo-e Imprimir PDF
Aproveito un momento en que Unión-Penosa consinte que na miña casa entre a potencia suficiente para que poida funcionar o router do meu sistema electrónico de comunicación, para enviar estas notas que continúan a ronda de opinións sobre a existencia da parroquia e o seu papel no desenvolvemento da Axenda 21, en concreto, no concello de Nigrán. 1. Se a parroquia non existe, por que existen colectivos veciñais de ámbito parroquial? Por que existen alí centros sociais, máis ou menos culturais, que non se atopan a nivel de concello?.  2. A planificación urbanística debería atender os intereses e as realidades da nación, da comarca, da área metropolitana, da parroquia, como dos propios individuos.

Preocupacións

Correo-e Imprimir PDF
Moito se está a falar da zona deportiva que previsiblemente ocupará un campo de golf. Non cabe dúbida que se insiste desde o Goberno Municipal que non se contemplarán chalets na urbanización e que será de carácter público. Como en todos estes debates que se orixinan na Administración, temos que andar con pes de chumbo, porque, ¿que queren decir con público?.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL