Sábado, 12 Oct. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Opinion Cartas

Cartas ao director

A razón de ser do Parador de Baiona e da empresa pública Paradores de Turismo

Correo-e Imprimir PDF

paradormonteboiEn referencia á noticia publicada en valmiñor.info o pasado mércores 11 de xaneiro sobre a posible privatización do Parador de Baiona, quixera manifestar a miña opinión sobre o tema.

Son Jorge Carneiro Penedo, traballador deste Parador e secretario do Comité de Empresa, ademais de membro do Comité Intercentros de Paradores de Turismo dende o ano 1992, ostentando a presidencia deste último ata o pasado ano, o que me proporciona un coñecemento importante desta empresa.

O Portal de Belén en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

cartaz portada1

Algunhas mulleres que vivimos en diferentes parroquias de Gondomar queremos expresar a nosa indignación polo sucedido nestes días previos ao Nadal no noso Concello.

¡¡¡Sorprendente!!!

Correo-e Imprimir PDF

calle_carabel_la_pintaNestes derradeiros días puidemos ir vendo como se ían rematando as obras de “humanización” da rúa Carabela A Pinta. E certamente íamos aplaudindo o novo e agradable xeito que amosaban. O rescate e a incorporación da vella fonte, soterrada aínda non fai moito pois algúns veciños aínda lémbranse dela, os arbores, as beirarrúas de pedra, o paso limitado dos automóbiles, en fin, todo un conxunto que realza e fai destacar o vello convento das Dominicas unha das pezas da arquitectura da Baiona doutro tempo quedando así unha rúa nova que da entrada ao casco vello que agora, non sen tempo, vaise a restaurar.

Ciclo vital dun cabalo ceibe

Correo-e Imprimir PDF
Poldros no curro da Valga (Imaxe Xilberte Manso)

A partires de febreiro as chamadas burras do monte comezan a parir. Os propietarios seguen a evolución dos seus animais perante todo o ano, vixiando que se manteñan nos lugares  acostumados e controlando os seus pasos polo seu hábitat. Segundo a época do ano e o clima, van mudando de espazo, seguindo pautas comúns a calquera animal salvaxe territorial.

Os Curros do Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF
Curro da Valga, Serra da Groba. (Fotografía Xilberte Manso)

Xilberte Manso de la Torre é un dos homes que máis coñece a bisbarra miñorana. Non só polo que dela ha estudado se non tamén polo que dela ten percorrido, pescudado, atopado e sinalado. Boa parte do coñecemento que as xentes do Val Miñor e contorna así como os que dende lonxe ten coñecido do val débese seguramente á súa participación nalgunha das centos de xeiras que Xilberte organiza, guía e anima ao longo do ano. Profesor das Escolas Proval, membro da Xunta Directiva do Instituto de Estudos Miñorano, fundador e animoso impulsor de SOS Groba, da Plataforma pola defensa da Serra do Galiñeiro, vive e realiza cada unha das súas actividades guiado polo seu profundo amor pola terra miñorana e a  súa identidade galega.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL