Venres, 21 Jul. 2017

Actualizado10:28:06 AM GMT

Estás en Opinion Cartas O desleixo da lingua galega na campaña electoral.

O desleixo da lingua galega na campaña electoral.

Correo-e Imprimir PDF

Queda unha semana de campaña electoral. Coma sempre a megafonía machuca os nosos oídos para cuspir as mensaxes de sempre, ca música de sempre. Sei que é un tributo máis que temos que pagar por ter unha democracia e que todo vai rematar nunha semana. Non obstante, o feito serve, nalgún caso, para comprobar o desleixo e mesmo o desprezo que os partidos que din maioritarios senten polo galego.

Onte, sábado, aquí en Morgadáns tivo mitin o partido que nos goberna no concello. Na súa megafonía anunciaron o acto en castelán, mesmo empregando o topónimo Morgadanes, non admitido polo Nomenclátor de Galicia, órgano oficial da Xunta de Galicia. Non pasa nada, sospeito que forma parte da súa maneira de tratar ás "outras linguas".
Hoxe, domingo 17, día das Letras Galegas, o outro partido estatal, esta vez falando en galego, infórmanos que no acto "intervendrán" (non intervirán) unha serie de candidatos. Unha maneira mais de demostrar, nun día como hoxe, o desinterese pola lingua que nos da ser e entidade como país.
Parece que ós veciños, ós cidadáns tanto nos ten.
José Luís Alonso - Veciño de Morgadáns