Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Opinion Cartas O aforo da festa da Arribada de Baiona

O aforo da festa da Arribada de Baiona

Correo-e Imprimir PDF

Pese a ser veciño de Baiona, facía dous anos que non asitía á Festa da Arribada precisamente porque, salvo as actividades que se facían na zona da praia da Ribeira, a festa convertérase en todo menos nunha festa tradicional, e as noites terminaban sempre nun macro-botellón.

Anos anteriores aproveitaba a Festa , para escapar cedo e pasar o día fóra da Real Villa de Baiona, e non por que renegue dela, si non porque onde hai viño, multitude, exaltación do espíritu patrio e da amizade a cousa soe coller uns "tintes" que se alonxan de calquer tipo de tradición. Algo que para a miña idade, xa non estou pola labor de ter que aturar.

Este ano, obrigado ante a visita duns familiares que viñan dende Salamanca e que tiñan ganas de coñecer a festa, accedín a facer da Cicerone e ensinarlles "A Festa da Arribada de Baiona".

Ás 12 do medio día saimos de Baredo dirección Baiona. Ala fumos no coche e deixámolo no Rompeolas para poder ver a rompente do mar nesta zona. Ó fondo veíamos multitude de xente na estrada, e un helicoptero sobrevoando a zona. "Debeu de vir o presidente ou alguén importante". Efectivamente, cando chegamos alí xa nos dixeron que era "El acto público de ofrenda a Pinzón". Logo xa nos dimos conta de que aquel  "Acto" non era tan "público" como nos contaban, e os valados de metal e o cordón policial, separaban precisamente ó "público" que miraban "os touros" detrás da barreira.  E dentro dese público, montando unha sonada protesta, a xente das plataformas dos afectados polas preferentes.

Continuamos a mañá paseando, visitando a réplica da carabela, tirando un par de fotos e vendo a exposición de cetrería na zona da Ribeira. A miña casa estaba cerca, e pese a que os "tradicionais" bocadillos de chourizo abrían o apetito de camiño a casa, o cocido que nos agardaba como recompensa ben merecía unha camiñata de volta.

Á tardiña, unha vez sentada a comida e o café, emprendemos novamente camiño a Baiona pero desta vez fumos camiñando ate San Antón e baixamos ata os Tendais e o campo do Aral.

E dende alí tentamos cruzar a praza de Santa Liberata para baixar pola bilbioteca ate o casco vello. Cando chegamos xusto ó tramo final, a rúa Santa Liberata. O paso xa non era tan fluído e comezou a porse tensa a cousa. Estivemos quietos, deixándonos levar pola multitude que purraba unhas veces cara adiante e outras cara atrás. Xente que viña de fronte empurrando a contra corrente e sin pensar nin ver por un momento que había nenos pequechos que os país levaban da man. Uns minutos, nos que che ven á mente o que pasou no Madrid Arena, e realmente daste de conta de que te atopas nunha auténtica ratoneira á mercéd do vapuleo da multitude porque non hai forma de sair por ningún sitio. A xente, xa cus viños de máis, e totalmente inconsciente da situación empurrando, " a ver, moveros joder" e a miña muller, que se percatou da situación igual que eu, apretoume e a man e turrando de min díxome "vámonos de aquí. Da igual ,pero vámonos de aquí". 

Agardamos entre dous dos postos de venta a que a cousa amainase, mentras víamos o movemento con certa preocupación. Finalmente, aproveitando un oco conseguimos sair de alí cara á bilioteca. Logo baixamos cara ó Sandokan e tiramos cara a rúa Carabela Pinta.  Bordeamos o casco vello polo paseo de Elduayen para volver a entrar pola praza de Pedro de Castro cara á rúa Ventura Misa, e alí volveunos a pasar o mesmo, entramos e cando chegamos á metade do tramo, volvemos a quedar atrapados na marabunta de xente, pero desta vez ainda moito peor, porque a metade da rúa estaba ocupada con postos e o que quedaba  de rúa eran xente empurrando nas dúas direccións, con carriños de nenos polo medio, ata chegar ó mesmo punto que nos pasara antes en Santa Liberata, que a xente presionaba cada vez máis e maís e xa non podías quedar quieto e parado para deixar que os de diante avanzasen un pouco, se non que ías avanzando empurrado polos de atrás e empurrado polos que viñan diante. E volves a porte nervioso co asunto, e pregúntaste onde raios está toda aquela policía que viras ás 12 da mañá no paseo de Pinzón.

Neses empurróns conseguimos entrar na porta dun pub, e alí quedamos outro bo cacho porque aquilo era un suicidio. Na mentras da espera naquel bar, comezamos a falar do que estaba acontecendo, e sabiamente este familiar me pregunta: - Carlos, ¿pero cual es el aforo de estas calles?- Eu respondinlle que soábame ler na prensa que o concello de Baiona algo falara dun plan de seguridade para a festa da Arribada, pero que certamente non sabía en que consistía, e que supuña que sería un plan de coordinación.

Comezas a cavilar, e daste de conta alí mesmo que si alguén, por algún motivo fixera algunha tontería nalqueles momentos onde estábamos atascados na rúa, calquer tontería, un simple empurron da rapazada por facer a coña de empurrarse entre eles a cousa non hubese rematado precisamente en festa. A situación deixounos tan mal sabor de boca, que alí mesmo puxemos fin á Festa da Arribada de 2013.

Ó día seguinte, domingo, saimos cedo e tiñamos intención de parar a tomar un café en Baiona. pero cando chegamos a altura da Palma, xa vimos os restos do que dera de sí a noite da Festa da Arribada. Unha estampa lamentable de plásticos bolsas e botellas, por todas as rúas, sumado ó xa tradicional botellón do Monte do Boi. 

É posible que a moitos vos poda parecer esaxerado o que dixen, ou incluso peque de paternalista ou alarmista, pero dado que o vivin en primeira persoa, sentíame na obriga de ter que contalo.

Como xa dixen, descoñezo totalmente cales son as medidas que adopta o concello e os corpos de seguridade, bombeiros, Grumir, Protección Civil, ... para garantir que en caso de que haxa algún accidente, as persoas poidan seren asistidas con total dilixencia e premura. Descoñezo tamén si por parte do concello existe algunha cuantificación de cánta xente pode acceder ó casco vello en condicións de seguridade para que en caso de emerxencia, incendio, ... poidan seren evacuadas con seguridade. Descoñezo se o concello fai algún tipo de simulacro co resto de forzas de seguridade. Quero pensar que todos estes puntos son tidos en conta polo Concello de Baiona, que en último caso é o responsable e organizador da festa. Do que si podo dar fé é que non exite ningún tipo de control do número de accesos ao casco vello, e que cada ano o efecto chamada que ten a festa da Arribada pode volver insostible, en termos de seguridade.  

 Só agardo que a esta conclusión non se chegue logo de ocurrida unha desgraza coma no caso do Madrid Arena, e que se tomen todas as medidas precisas para que se poida desfrutar da festa con total seguridade.

Carlos Castro Fdz.