¡¡¡Sorprendente!!!

Imprimir
calle_carabel_la_pinta

Nestes derradeiros días puidemos ir vendo como se ían rematando as obras de “humanización” da rúa Carabela A Pinta. E certamente íamos aplaudindo o novo e agradable xeito que amosaban. O rescate e a incorporación da vella fonte, soterrada aínda non fai moito pois algúns veciños aínda lémbranse dela, os arbores, as beirarrúas de pedra, o paso limitado dos automóbiles, en fin, todo un conxunto que realza e fai destacar o vello convento das Dominicas unha das pezas da arquitectura da Baiona doutro tempo quedando así unha rúa nova que da entrada ao casco vello que agora, non sen tempo, vaise a restaurar.

Pero, e o pero ten moita importancia, vemos que volven ao lugar os contedores para o lixo estragando unha zona tan ben axeitada para o lecer e o descanso. ¿Quen vai a parar para descansar e lecer nun lugar onde os cheiros do lixo non deixan nin respirar? ¿Quen vai a deixar xogar aos nenos ao carón duns focos de merda? Si, merda. ¿Qué recordo poden levar os visitantes, agora chamados turistas que han de contemplar o convento coas apertando nas narices e contendo o respiro?.

Ademais, aínda van  por outros fronte a Praza de Abasto. Por certo que fai pouco soubemos que lle van anovar a fachada tamén con cartos dunha subvención. E de supoñer que a vista do edificio a de mellorar un chisco. ¡Por que a ten!. A Praza non deixa de ter tamén cheiros fedorentos que é supoñer sexan corrixidos e non aumentados cos dos contedores que vanlle plantar na  beira da porta.

Os cartos das subvencións tamén son cartos dos veciños que acada a Administración ao través dos impostos, e gústalle que sexan empregados para facer a vila mais agradable de vivir nela. Por suposto que fai falla recoller o lixo pero buscando un lugar onde os contedores non apesten co cheiro ou estorben as vistas bonitas coma as ten a Vila de Baiona. Pode servir de exemplo a cambio de lugar dos contedores que estaban ao carón da Colexiata e nin se podía facer unha foto de lembranza do lugar sen que apareceran por diante ou encheran de noxento fedor a que ía ou vira as procesións ou danzas, das Espadas por exemplo, que se fan nese lugar ou pasaban por el.

Baiona 4 de xuño de 2011

Antonio Valverde Alonso