Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Opinion Cartas O que non corre...

O que non corre...

Correo-e Imprimir PDF

Efectivamente, aquí o que non corre... Cambian as cores do goberno central e o Goberno de Nigrán empeza a ver peligrar os seus negocios de venta de terreos públicos a promotoras privadas para poder sacar tallada do asunto, xa que o PSOE dentro do seu programa político promete cambiar a lei do solo na que se establecerá que os terreos públicos teñen preferencia de ser utilizados para a construcción de vivenda pública.

E se os terreos non son públicos a táctica utilizada por este goberno do PP, que di que chega para o ben do Concello de Nigrán, Ã© paralizar os proxectos dos pequenos (como poden ser as contrucions persoais minoritarias sen lucro) ata que a eles lles dea a gana.

Porque efectivamente, ti podes ter un terreo que é edificable, pero como o concello teña miras de querelo para sí podes olvidarte de el. Non che van dicir que non podes construír (porque non é legal), pero vante paralizar o asunto ata que chegue a promotora de turno (amiguísima do concello por suposto) para facerche presión e dicirche que ou vendes ou non poderás facer nada nunca e ao mellor expropiaranche para uso público.

Cando por todos é sabido que en Nigrán iso de uso público está gardado para os amigos , como o ocorreu en PATOS, onde hai unha sentencia do TSXG que a pasan polo forro dos hu...

E AQUI NON PASA NADA.

Pois nada, señores do goberno de Nigrán dense prisa en vender todo o que poidan antes de que lles pille o toro, xa que ronda o acertado rumor de que o concello non ten ni un "duro". Igual non deberían haber subido tanto os seus salarios.

ISTO E UNHA VERGOÃ?A. SON TODOS UNS CACIQUES AOS QUE NON LLES CHEGA O QUE ROUBAN, QUE QUEREN SEMPRE MAIS.

¿QUEN NOS DEFENDE A NOS DE CACIQUES COMA VOSTEDES; SE�ORITOS DO PP?

Carlos Mariño Rodriguez
Veciño de Nigrán