Martes, 15 Oct. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Opinion Cartas Cultura polas rúas

Cultura polas rúas

Correo-e Imprimir PDF
Saudamos con ledicia a iniciativa mancomunada dos tres concellos do Val Miñor xunto co colectivo Espazo Lectura. O "bookcrossing" consiste en deixar libros polas rúas para que a xente os lea e logo os volte a deixar para que outra persoa siga a cadea. Na web os lectores van deixando o rastro de lecturas dos libros deixados.

Evidentemente os amigos do alleo non entenden o concepto desta iniciativa e prodúcense moitos "extravíos", pero continuamente editoriais e particulares fan donacións xenerosas para que a cultura siga difundíndose.

O Val Miñor entra con forza neste movemento que ata o de agora ten maior incidencia nas cidades. Alegrámonos que ademáis podamos ver a tres concellos con gobernos dispares na conformación política dos mesmos colaborando na difusión da cultura e, sobre todo, en datas cercanas á celebración do Día das Letras Galegas. Pódense seguir as actividades de Espazo Lectura no seu blogue.


Máis opinións en baionaconsciente.blogaliza.org