Parabéns

Imprimir
Felicitar aos compañeiros de Salvemos Monteferro, e en especial a Angel e Xosé Reigosa Solleiro, polo seu traballo e o recoñecemento que significou a recollida do "V Premio de Xornalismo Nano Cambeiro", nun acto moi bonito e emotivo no Pazo da Escola de Mañufe, Gondomar, onte sábado.

Dende Pilar Barreiro a Xoan Hermida e Mabel Rivera que, xunto cos premiados, tomaron a palabra, e o fermoso texto escrito por Rexina Vega que non poido asistir por problemas de saúde- que se recupere pronto, e parabéns polo magnifico texto que no seu nome leeu Mabel -, todos estiveron a unha grande altura que foi premiada con fortes aplausos polo público que enchía o Pazo da Escola.

Moitos foron os amigos que acompañaron aos premiados neste día. O Instituto de Estudos Miñoranos vai consolidando iste premio que quere honrar a un dos seus fundadores xa desgraciadamente desaparecido, e dende Fernando Casás, artista que fai a peza para honrar aos premiados, ata as pandereteiras, as "Teloneiras de Marita", que puxeron un rítmico e alegre peche ao acto, a todos/as temos que agradecerlle a súa contribución e aportación por actos coma este que fan máis grande ao noso país, recoñecendo ás verdadeiras xentes que sempre están aí, loitando, traballando e aportando grans de area para construir un futuro con esperanza. Reiteramos os nosos parabéns a todos/as.