Mércores, 9 Oct. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Opinion Cartas Sabarís R. I.

Sabarís R. I.

Correo-e Imprimir PDF
Sabarís, ano 1940
A pequeña reseña que onte apareceu no Faro de Vigo semella a típica que se publica para enches ocos, pero nos pode levar a algunha reflexión. Logo da saturación urbanística producida no casco urbano de Baiona, a presión constructiva foise desprazando progresivamente cara a Sabarís. Os promotores e especuladores fixéronse con infinidade de terreos e comezaron a desenvolver actuacións urbanizadoras. Pero resulta que chegou o parón inmobiliario e, novamente, tócalle o marrón a Sabarís. Vemos obras paradas, unhas porque o promotor de turno está de "vacacións pagadas polo Estado", outras porque o momento no sector non obriga precisamente á rapidez na execución das obras.

¿Quen paga o pato desta situación? Pois os veciños de Sabarís. Aqueles que xa venderon frótanse as mans. Non tanto aqueles que optaron por recibir beneficios en permuta, poden quedarse sen nada se non estableceron nengún tipo de dereito de superficie. Os veciños que realmente sufren o problema son aqueles que queren seguir vivindo na súa parroquia e non poden chegar aos niveis de prezos que se establecen para os demandantes de segunda residencia.

Ainda por riba, a maioría do que se contrúe faise sen locais comerciais, polo que a eterna dependencia de Baiona obriga a depender do coche, agravando o problema de tráfico do casco urbano. ¿Pénsanse nestes problemas cando se redacta un Plan Xeral? Logo o parcheo de licitar un aparcadoiro soterrado é desastroso, sobre todo se o que queremos é reducir o consumo enerxético. ¿Ou iso no é un problema noso?

P.D.: R.I.= Republica Independente (ansias soberanistas hainas en todos os lados, irónicamente, claro).

Máis acerca de baionaconsciente.blogaliza.org