Mentres nos quede esperanza

Imprimir
Remata hoxe o prazo para presentar alegacións ao Plan Eólico da Xunta. Segundo informacións da prensa, a patronal decidiú non alegar como colectivo, si o poden facer empresas a título individual, e prefiren porse a traballar arreo para presentar as propostas para conseguir algunha das concesións previstas a partires do próximo domingo, día nove de marzo. É moito o que está en xogo e ninguén se quere arriscar a quedar fóra do reparto.


Alomenos 1500 muíños de vento ou aeroxeradores, de máis potencia e maior altura. Iste domingo no telexornal do medio día puñan o exemplo - a propaganda non cesa- dun parque eólico entre Guitiriz e Vilalba, que tiña xa en funcionamento aeroxeradoresw de 85 metros de altura con aspas de 45. Sumando veñen sendo uns 120 metros de altura. De seguro que os paxaros non van a pousar niles aínda que esten parados, nin as lagartixas se atreveran a tomar o sol pegadas a ise tubo xigantesco. Si así fora, unha lagartixa de Guitiriz podería ollar ao lonxe a unha prima das Pontes ou Mondoñedo dende tan magna atalaia.

Mil cincocentos muíños de vento máis espallados por todo o país. Pregunto, ficará algún recanto da antiga e vella Galiza verde sen os xigantestos fungos?. Onde se van a colocar?. Hai paises que tamén teñen problemas coa enerxía e apostan polas mal chamadas renovables, ero,non a costa de destrurir a paisaxe e a natureza que, por suposto ten para iles un valor maior que o que poida supor a producción duns milleiros de Kilovatios. Ser os primeiros en producción eólica a costa de destruir as terras altas, as serras e os montes mellor conservados do país, non creo vaia a ser a solución aos problemas que temos, nin o principio da concienciación de que hai que aforrar máis e gastar menos. A industria nunca pensou no país nin nas súas xentes. A industria busca balances positivos e crecementos contables ao fin do ano. O que teñan que facer para logralo sempre se basa na mesma fórmula.: non importa o investimento se o beneficio compensa . A min dame igual que sexa unha empresa, dúas ou tres as que se xunten para conseguir arrincar beneficio do que é de todos. As migallas que deixan polo camiño non van pagar os estragos e os impactos que lle fan a nosa terra. Cando non quede xa nin un só recanto do país dende o que se poda botar unha ollada ao lonxe sen ver unha industria nos cumes dos montes, ise día enterrarei a esperanza, que é o pouco que aínda nos queda a algúns que amamos a nosa terra. Mentres, seguiremos a loitar para que ise día non chegue nunca.

Máis informacion SOS Serra da Groba