Axenda 21 Local , Utopia?

Imprimir

A Axenda 21 Local ven de instalarse en dous dos concellos do Val Miñor, Gondomar e Nigrán. Despois de 20 de implantación da Axenda 21 Local como un xeito de acadar unha estratéxia de desenvolvemento sostible, en moitos comunidades de paises de todo o mundo, resulta chamativo que ainda agora, con certa sorpresa, se empece a falar destas cuestións no Val Miñor e mesmo sexan tildadas de “utopía”. O diccionario define utopía como “sistema ou proxecto irrealizable, concepción imaxinaria”.

A qué responde a chegada da Axenda 21 Local ós concellos do Val Miñor? Nos últimos anos a sociedade do Val Miñor experimentou unha transformación no seu xeito de entender non só o entorno onde debe desenvolverse, senon tamén onde o deben facer os seus fillos. Este cambio conceptual prodúcese despois de décadas onde o progreso se viña producindo a costa de depredar os recursos (especialmente a depredación do territorio). O enloquecido e irracional progreso das décadas pasadas rachou ademáis co xeito de vida tradicional. Por si fora pouco a xestión das administracións sumouse a este enloquecido proceso e non foron quen de conducir a sociedade a unha situación máis equilibrada. O cambio producido na sociedade estrellouse co resultado desta ansia depredadora polo que, recentemente, o urbanismo estoupou en  conflictos sociais e en escándalos delictivos nalgúns casos e presuntamente delictivos, polo momento, noutros.

A situación actual resultante demostra que a administración de por si soa non é capaz de acadar as decisións que a sociedade demanda, amosando estar posiblemente, a merced doutros interes, quizás económico-empresariais.

A Axenda 21 Local marca unha estratexia de goberno e funcionamento das administracións públicas radicalmente diferente ó actual. É a verdadeira democracia participativa onde os cidadáns deberán debater e acordar accións de goberno que respondan ó interés xeral, o que supón asumir responsabilidades de acción de goberno. Neste caso o interés xeral mídese polo grao de sostibilidade das propostas, é dicir, que decisións garanten o máis razoable progreso no eido social, económico e medioambinetal, de xeito que exista unha compatibilidade entre acadar unha mellor calidade de vida consumindo os recursos necesarios pero garantindo que as xeracións futuras dispoñan dos seus propios recursos para o seu propio progreso.

O proceso de implantación da Axenda 21 Local en España non é unha cuestión anecdótica. Cerca de 200 concellos de todo o país, 10 comarcas, 4 Comunidades Autónomas, 2 consellos insulares, 10 deputacións provinciais e 6 mancomunidades de municipios están desenvolvendo as súas propias Axendas 21 Locais. Os resultados destes procesos son, nalgúns casos, excelentes, como é o caso do concello de Calviá ou o de Sevilla ou Barcelona. O éxito deste xeito de acadar extratexias de desenvolvemento sostibles depende directamente do que se crea neste proceso, sobre todo por parte dos poderes públicos. Os cidadáns teñen non só a oportunidade de decidir o futuro que queren encarar ademáis do entorno que queren deixar de herdanza para os seus fillos e netos, senon tamén a responsabilidade de non equivocarse na toma de decisións.

 

Juan José Hermida Lago

Concelleiro de Medio Ambiente do Concello de Nigrán