Capital das Rías Baixas

Imprimir
No Parador, terá lugar un foro de análise do turismo nas Rías Baixas. Como non podía ser doutra forma, tiña que ser en Baiona. Estamos recoñecidos como a capital turística das Rías Baixas, a pesares de que Sanxenxo nos ten gañado pola mán cun turismo máis agresivo co entorno e copiando o modelo mediterráneo. Non podemos deixar en mans de catro supostos expertos do turismo o futuro do noso concello e semella que hai quen é consciente do feito e non permitirá que o modelo mediterráneo se exporte a Baiona. No PXOM se contempla unha área deportiva de 700.000 metros cuadrados nunha zona realmente apartada do noso casco urbano e limítrofe con Oia. Actualmente un semi-deserto, se non foran polos miles de cabalos e vacas que pacen alí. A primeira idea que nos vén é a do xa famoso campo de golf, tema do que xa tivemos falado aquí. Pero tal e como se reflexa no PXOM cabe a posibilidade de que os políticos do momento collan sentido e lle dean un destino máis acorde co entorno da ubicación. Pode incluso que esteamos cegados pola ira e o obxectivo real desa parcela non sexa o campo de golf, a pesares das enormes ganas que ten Manolo Vilar de ter dous, un público e outro privado. Non profundizaremos máis nesta polémica, proque xa o fixemos na anotación do pasado 18 de decembro, titulado Primeiras Pinceladas.

Namentres, en Vigo os propietarios dos concesionarios de automóviles reclaman 600.000 metros cuadrados para a Cidade do Automóbil. ¿Qué proposta xerará máis postos de traballo, atraerá a máis xente e xerará máis emprego indirecto? Haberá opinións encontradas, por suposto, pero o feito é que realmente é un debate que non se pode descartar porque sí.
Neste foro participarán representantes das Cámaras de Comercio, esa figura que aínda pervive desde o franquismo e que non damos rematado dunha vez. Todo aquel que ten unha iniciativa empresarial sabe que terá que acabar acatando o imposto revolucionario da Cámara de Comercio, a pesares de non recibir máis contraprestación real que a oferta de algún cursiño e a suposta representación ante foros como o de hoxe. ¿Cómo poden falar en nome dos empresarios se logo non contan con eles? ¿Cántas convocatorias recibe o propietario dun bar para asustir a xuntas xerais da súa Cámara de Comercio? Sociedades arcaicas coma éstas desvirtúan o tecido empresarial. Agora mesmo as asociacións de comerciantes e as patronais son as verdadeiras representantes do empresario, logo, ¿porqué siguen existindo as Cámaras de Comercio?

Máis en baionaconsciente.blogaliza.org