Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Opinion Cartas Aprobación do Proxecto de Urbanización de Porto do Molle

Aprobación do Proxecto de Urbanización de Porto do Molle

Correo-e Imprimir PDF
Con todas as letras señores da alcaldía, este grupo de amigos nomeados en asociación como: Asociación de afectados polo polígono industrial Porto do Molle, e voulles dicir que afectados a 3 bandas, porque somos veciños como todos vostedes, pero case que tamén a maioría vive preto do polígono, e por tanto... que nos van contar os de fóra que nós non saibamos xa?. Home, augas a cincocentos anos vista...que veña algunha como a do ano 1989 que van ver estes.

E por outra banda, tamén a máis importante, é que tiñamos terreos dentro do propio parque. Pois ben, estes veciños parece, non son considerados como tales, porque dende hai máis de dous meses temos solicitados unha xuntanza co equipo de goberno formado polo grupo socialista e o bloque, non sólo o goberno está formado po un, senón por dous, e aínda non tivemos resposta desa reunión, e eso que xa fixemos dúas solicitudes desas por escrito, unha cada mes.

vostedes alegan que a información é a que xa coñecemos, que é a que se ten dado a tódolos grupos veciñais, o que hai que agradecerlle tamén públicamente e que polo menos tratan de dicir algo, que os anteriores nin eso facían, e pola nosa parte diremos que eso é mentira e saben moito máis do que contan, e que nos contan o que queren que oiamos, .... caralla que logo aprenderon!!

Ademáis entendemos que todo esto debería ser traducido á impresión dos dous máximos representantes do goberno municipal, por ser unha decisión dunha envergadura tal, que vai marcar as pautas a seguir do propio concello de Nigrán. Tamén pode ser que as altas esferas estean metendo o ferro no cú, se comunicaran o do xustiprezo que no mes de xuño caducaba o prazo que eles pediron alargar e ainda non contestaron nada. Pero dende logo señores non hai termo medio no lugar onde vostedes están, ou se está contra eles e se atenden as ordes dos máis de arriba... pero logo non boten as mans á cabeza cando atopen resultados nefastos. Volvemos a outras épocas onde primeiro se firmaba e logo miraba como ían ir os traballos. Así estamos hoxe. Ata para faenar a Mauritania se esixe uqe un tanto por cento da xente contratada sexa do país. Home por deus !, aquí non hai nada amarrado, todo é : si fai falta..., por si a caso,... no suposto de... Non señores non, todos vostedes o ven, que non son cegos, os grupos veciñais e nós mesmos, estámoslle dicidno que non o están facendo ben, non sei como que que llo manifestemos.

RECTIFIQUEN, AINDA ESTÁN A TEMPO. E ESTE SI QUE É O ÚLTIMO PASO. 

 

Fdo. Asociacións de Afectados Polígono Industrial Porto do Molle.