Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Opinion Cartas Cando chove pensamos en Sabarís

Cando chove pensamos en Sabarís

Correo-e Imprimir PDF
Logo de estirar o bo tempo o suficiente como para amañar o desastre de Xullo, por fin chegan a choiva a Baiona. Moitos estaban agardando por ela. Todos aqueles que teñen algo sembrado na súa leira, porque o frío pode estragar a colleitas e os pozos empezaban a baixar de volume. Pero nunca chove a gusto de todos e iso é o que pasa en Sabarís. O 2007 foi un ano desastroso, a bonanza do tempo permitiu levar a cabo múltiples obras apra tentar evitar novamente o desastre. A pesar do que podan pensar moitos veciños, fíxose moito e invertíranse moitos cartos na parroquia. A pena de todo isto é que cando todo o pobo tiña que estar unido para levar adiante as solucións necesarias, entrou a clase política e contaminou todo. Dentro desta “clase política” tamén incluimos a aqueles veciños que aplauden o que fai o seu partido e insultan e desprezan o que fan os demais. Cada un fixo o que estivo nas súas mans, se se demostrase que alguén estivo facendo menos por un mal resultado electoral ou por restar méritos a administracións non afíns, entonces sería cando os veciños se terían que levantar para esixir o seu cese. Pero todos sabemos que si o delito é en casa propia, calamos a boca.

É normal que veciños como Dolores Lenda non durmisen estes días. O recordo é recente e o Camiño Chivo é o peor lugar da parroquia, xa que a rasante do camiño é superior ás das casas. Chegado a este punto teríamos que reflexionar como puido ser que se construisen casas coa rasante por baixo do camiño. Semella que a culpa a tería quen concedeu as licencias e non comprobou a irregularidade, mais tampouco podemos exculpar aos propietarios. ¿Ou é que todo o mundo sabe agora que isto é un problema pero cando se estivo obrando eramos todos uns ignorantiños de Deus? Pode que todo isto nos sirva de lección para saber que si unha norma está será por algo e se non podemos cumplila ou non queremos, estamos exentos de toda queixa, e que aquel que nos permitiu a irregularidade tampouco está exento de culpa.

O único que agardamos é que pasemos a alerta deste Sábado sen problemas e todos arrimemos o ombro. Precísase que as obras que está a realizar Política Territorial se rematen, que se sigan recollendo as inquietudes dos veciños e se negocie entre Administracións para levar a bo fin todas as actuacións e que TODOS os políticos arrimen o ombro e traballen en conxunto. Cada disputa política tentando arañar votos será un paso atrás para o ben de Sabarís.

 

Máis info en baionaconsciente.blogaliza.org