Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Opinion Cartas Máis información e menos demagoxia

Máis información e menos demagoxia

Correo-e Imprimir PDF
As novas voltan a centrarse en Sabarís, o cumprimento dun ano logo das inundacións marca un punto de inflexión e, coa calma necesaria, pódense facer balances obxectivos. A política municipal está quizais demasiado enturbiada e o que solicitamos non pode xurdir de ningún partido político. O PP sabe que debe culpar á Xunta, apesar de que é a primeira vez que van cobrar os veciños de Sabarís logo dunha riada.

O PSOE e o BNG tentan tapar as miserias das súas consellerías, que non están respostando como deberían. Un ano é máis que suficiente como para xestionar indemnizacións.

Sabemos que non é tarefa fácil, por cada solicitude dun necesitado saen dúas de espabilados. As ferreterías se voltaron tolas facendo facturas proforma, algunha vez tendo que negarse a facer incluso facturas falsas a cambio de que lles pagaran o IVE. Veciños que tiñan casa viviron a corpo de rei nun hotel ata que a Consellería correspondente deixou de pagar.

Resulta curioso a incapacidade dos políticos para poder vender o feito e centrarse, en troques, nas miserias dos demais. O PP tiña que estar a falar da fantásticas negociación coa Xunta e Diputación, para atraer inversión á parroquia. O PSOE podía facer outro tanto coas actuacións da Consellería de Política Territorial e mesmo de TRAGSA. A Consellería de Vivenda, do BNG, pagou hotel a todos os damnificados que se quedaran sen casa durante moitos meses, ata que os cartos se acabaron e tiveron que pechar o grifo (se non tiñan atopado vivenda de aluguer, non sería por tempo) e mesmo xa se teñen enviado indeminizacións, pero non se comunican públicamente as cantidades que se están entregando.

É lóxico que os veciños se enfaden, en lugar de informarlles, asinten a debates políticos, dos que xa están cansos. Mesmo xa non se fían daqueles técnicos que lles prometeran que non ía haber máis inundacións.

Agora sí, non nos enganemos, non toda a culpa a teñen os políticos, que os veciños fagan muros e edificios pegados ao río contribúe notablemente ao desastre, pero cando te quedas sen casa ninguén te pode rechistar, eres un pobriño sen casa, a pesares de que un mes antes ías por ahí presumindo de faceres a casa sen pedir licencia no Concello nin ter contribución que pagar. Non é maldade, somentes é ignorancia e ahí voltan as culpas aos políticos, máis información e menos demagoxia. O Voto útil é o voto consciente.