Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Opinion Cartas ao director

Cartas ao director

En clave educativa

Correo-e Imprimir PDF
Por - Antonio D. Lombardero.
Unha forma de educar baseada na transixencia extrema e no acopio de bens materiais sen ningunha clase de condicións constitúe o modelo formativo de un elevado número de alumnado, que entende de dereitos, pero non de deberes. Caprichosos, mimados e sobreprotexidos, os alumnos tiranos son a cara menos amable de un tipo de educación que nos envolve decidindo dar a espalda ó NON, a frustración e a imposición de límites. Profesores desbordados, pais e nais víctimas do capricho dos seus propios fillos saen a palestra dos medios de comunicación case que tódolos días. Durante o pasado ano 2005, as fiscalías de menores españolas tramitaron máis de 6.000 denuncias de pais e nais que sufriron agresións por parte dos seus propios fillos. 

¿Máis edificabilidade, vivendas máis baratas?

Correo-e Imprimir PDF
Por Juán Hermida
Asegurar que construir máis vivendas é o xeito de que se fagan máis asequibles, parece ser un principio básico da lei da oferta e da demanda, pero no contexto socioeconómico actual é un disparate ou cando menos é amosar ignorancia. Sen embargo, esta afirmación foi feita polo alcalde de Lalín e presidente da FEGAMP (Federación Galega de Municipios e Provincias), Xosé Crespo.
A lei 6/1998 (Régimen del Suelo y Valoraciones. BOE, nº 89, de 14 de abril de 1998) permitiu transformar solo non urbanizable en urbanizable e, sen embargo, non se producíu o esperado descenso do precio do solo e sí a súa destrucción.
Segundo datos do INE o precio da vivenda evolucionou de xeito parello ó IPC hasta 1998, e foi curiosamente a partir deste ano cando se disparou o precio da vivenda. Dende 1998 a 2003, o precio da vivenda incrementouse un 108,92% e o solo urbanizable un 170%.

Nigrán preocupa en Madrid

Correo-e Imprimir PDF
Anibal Barbón - La Voz de Galicia
Los acontecimientos del pasado viernes en Nigrán encendieron más de una bombilla de alarma. El respaldo raudo y veloz de Rafael Louzán a su amigo y compañero en más de un frente, Alfredo Rodríguez , no calmó ni un ápice la preocupación surgida en la sede central del PP en Madrid. Pero el desconcierto se tornó ayer en algo más. Desde la sede de Génova, donde Rajoy tiene a sus propios investigadores, ayer a primera hora se empezaron a descolgar teléfonos y pedir interpretaciones y explicaciones de las operaciones de compra y ventas de terrenos en Nigrán, y de todas las conexiones familiares, empresariales y políticas sabidas, intuidas y ocultas de todo lo que se haya hecho en la zona en los años de gestión del actual alcalde.

BOS DÃ?AS, NIGRÃ?N

Correo-e Imprimir PDF
Avelino Fernández, portavoz del PINN, entra en un coche de la Guardia Civil protegido por antidisturbios. / j. lores / FARO DE VIGOEnviado por Plataforma Salvemos Monteferro www.salvemosmonteferro.org

O Sr. Alcalde está enfadado. Considera impropio dun estado de dereito o comportamento dos que usan a forza e o asalto ás institucións para impoñer os seus criterios.
Nigrán foi sempre un Concello tranquilo. Os seus índices de delincuencia están entre os máis baixos do estado e o vandalismo non foi aquí nunca un problema. A reacción popular do venres é un feito sen precedentes, como sinalan a maioría das reportaxes periodísticas publicadas ó respecto. ¿Que foi entón o que provocou tal estoupido?

Abril en Baiona

Correo-e Imprimir PDF
Por Carlos Méixome - A Chan de Valverde "Xornal A Peneira"
Para moitas persoas da miña xeración o mes de abril ten unhas especiais connotacións, non só por ser o inicio da primavera climatolóxica, senón tamén, e por riba de todo, por ser mes de primaveras políticas. Moitos vivimos, dende a distancia, mais afervoadamente, aquel abril do 74 inzado de cravos ao que felizmente nos convocaban o Zeca Afonso, o Vasco Gonçalvez, o Otelo, o Rosa Coutinho e tantos outros. Outra xeración tivo tamén o seu abril, o de 1931. A ben seguro que os daquela mozos viviron con moita máis intensidade que nós a súa primavera, simplemente porque eles eran protagonistas e nós só espectadores.

Un concello para o Val Miñor

Correo-e Imprimir PDF

altCando, en conversas informais, temos presentado a necesidade de que o Val Miñor sexa un só concello os xestos de asombro ou incredulidade son os máis frecuentes entre os contertulios. A ben seguro que moitas das persoas que lean estas liñas poden pensar que é un despropósito. Aínda así estamos seguros que máis cedo que tarde terase que afrontar unha a cada paso máis necesaria e urxente reorganización administrativa de Galicia.

TRAXEDIAS QUE DEIXAN NOME - Os nomes do mar

Correo-e Imprimir PDF
Por Xosé Lois Vilar Pederira - Membro do IEM
Foi o 5 de abril de 1900, xa Alfonso XIII tiña quince anos e pronto accedería ó trono de España. A súa nai, María Cristina, deixaría de ser raíña rexente.

Foi no xoves á mañán cando catro lanchas pincheiras foron largar os palangres na Banda do Sur, que é como dicir na costa de Baredo. Polo norte roncaban Os Carallóns e polo oeste oubeaba O Lobo, tanto que volveron a terra tres lanchas, só ficou no mar “La Regente” propiedade de Juan Santos, O Peito Ancho. De patrón ía SALUSTIANO DENIS CARNEIRO.

A estrada da morte

Correo-e Imprimir PDF
Por Carlos Méixome - Publicado na Peneira
A escasa media ducia de quilómetros, na altura quizais uns poucos máis, que unen A Pasaxe, na parroquia de Vincios, co Pegonegro, na tamén gondomareña parroquia de Vilaza, converteuse nos anos da guerra civil nun tráxico leito de morte. Nese treito da estrada O Porriño-Gondomar foron asasinados e guindados nas súas beiras catorce persoas entre o mes de setembro de 1936 e decembro de 1939.

A volta da Matanza

Correo-e Imprimir PDF
Por Carlos Méixome - Publicado no Xornal A Peneira

Referiámonos no número anterior d´A Peneira ao terrible crime cometido na madrugada do 16 de outubro de 1936 no lugar coñecido, dende aquela, como “A volta dos nove”. O suceso deixou unha forte pegada de terror e horror na sociedade miñorana, quizais tamén porque os nove asasinados, na beira da estrada camiño de Baredo, eran, todos eles, veciños do Val Miñor. Máis non foi nin o único día tráxico naquela altura, nin a única data na que aconteceron asasinatos múltiples e horribles.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL