STOP, usted no puede ir a su casa.

Imprimir

Circunstancias da vida propiciaron fai pouco que tivera que cruzar o río Miñor para establecer a miña nova morada no núcleo de Sabarís.

Cada luns pola mañán, aínda vivindo na rúa Xulian Valverde, teño que facer un pequeno percorrido de circunvalación para sair dirección a Vigo, e evitar así o atasco dos comerciantes colocando o atrezzo da feira.

Co cal inicio a miña marcha pola intransitable estrada de Viso de Calvos, pasando pola fábrica de gaseosas e baixando cara á ponte de Ramallosa. Sufrindo os conseguintes atascos dos coches, camións e autobuses que cruzamos no estreito tramo que vai dende a fábrica ate o Fontán.

 

Para min, sunponme perder as veces 7 minutos en facer un percorrido duns poucos metros, sumado ao atasco da rotonda de Ramallosa colapsada pola caravana de entrada a Sabarís.

 

Pero a miña sorpresa foi hoxe cando por casualidade madruguei para facer uns recados antes de marchar cara Vigo, e regresei a Sabarís ás 8:20 da mañá.

 

Evitando o colapso das rotondas, fixen o traxecto por Borreiros para baixar por Viso de Calvos, pero á altura da baixada da rúa do Escándalo, un axente local deume o alto impedíndome pasar.

 

- ¡Alto! ¿A donde va?.

- A mi casa. Vivo ahí abajo

 

- ¿Tiene certificado cómo residente?

- ¿El qué? ¿Qué es eso?

 

- ¿No sabe que para pasar tiene que tener un certificado de residencia en Sabarís?, sino no puede pasar.

-Pero si yo vivo ahí, y a mi nadie me ha notificado nada al respecto. Nadie me ha dicho que tenga de solicitar ningún certificado para pasar. Yo vivo ahí en Julián Valverde, en Sabarís.

 

- ¿Y lo puede demostrar? ¿Tiene algún documento que lo demuestre?

- Pues no, la verdad es que ahora mismo no. Pero es que a mí nadie me ha dicho nada.

 

- Pues ahora ya lo sabe. Solicite todo en el Ayuntamiento de Baiona porque el próximo día no le dejo pasar.

 

Pois este axente local, impedíame o paso por non ter o susodito certificado, ainda que eran as 8:20 e os valados indicativos marcaban a prohibición da circulación dende as 8:30. Valados que despois da feira quedan literalmente tirados no arcen ou donde cadre, porque máis dunha vez o vento tennos depositado no medio da rúa.

Con estes antecedentes chamo ao concello e infórmome de que é o que teño que solicitar e cómo o teño que solicitar.
Un amable funcionario dime que teño que ir cun certificado do padrón á policía para que me fagan un certificado para poder circular os días de feira. O problema é que non hai ninguén na Policía Local porque están todos en Sabarís.

 

Isto implica que aínda de que se nos está a provocar un prexuizo aos residentes, tampouco se nos facilita o trámite.
Temos que pedir unhas horas no traballo, ir a Baiona a partires das 9:30 (horario de apertura do Concello) perder o tempo en cubrir a documentación. PAGAR polos susoditos certificados de padrón, baixar a policía local (se é que están, se non están terás que volver outro día) e poder así ter un papelito para entrar na túa propia casa os luns pola mañán.

 

 

 

As miñas preguntas son:

 

- ¿Por qué non se notificou aos residentes desta normativa?, porque as direccións son as mesmas ás que envían o pago dos impostos de basura, alcantarillado, lixo e contribución.

- ¿Por qué non se lle facilita aos afectados a solicitude do certificado, por exemplo expedindoo por fax, ou por correo ordinario (xa non digo por internet, líbreme dios), evitando o trastorno de ter que perder o tempo facendo os trámites no Concello? Non creo que o presuposto do Concello se vexa afectado por enviar unhas cartas. 

- ¿Por qué temos que pagar para obter estes certificados? Hai concellos nos que os certificados de padrón son gratuítos.

- ¿A caso os residentes en Sabarís, que xa temos un prexuizo engadido polo tema en cuestión, non podemos estar en igualde de condicións que o resto dos residentes de Baiona que non teñen que molestarse en solicitar nada?


Porque o que parece é que en Baiona ai baioneses de primeira e baioneses de segunda.
E quen teña dúbidas de cales son as diferencias recoméndolles facer un sinxelo exercizo:
Collan unha foto ou faga memoria e visualicen unha imaxe do centro de Baiona e outra de calquera das parroquias, por exemplo Sabarís.  Busquen as diferencias a nivel de: asfaltado das rúas, iluminación, beirarúas, axardinamento e humanización,… e a nivel de servizos (contenedores do lixo, servizo de correo, servizo de limpeza das rúas) …