Por Xosé Lois Vilar Pedreira*
Foi don Manuel Fernández RodrÃguez quen comunicou no Congreso Arqueológico Nacional (Galicia, 1953) o achado destes gravados por indicación do â??culto párrocoâ?? de Santa MarÃa de Tebra, don Xosé Areal BugarÃn. Os debuxos da publicación son, como no caso do labirinto de Burgueira, de don Antonio Fernández Gómez.
Nós quixémonos achegar ao lugar nos anos oitenta. Ante a carencia de indicadores
e publicacións axeitadas procedemos como é habitual a preguntarlle aos veciños sobre un petroglifo de tales e tales caracterÃsticas que habÃa no Monte Tetón. A resposta da paisana foi desalentadora:
-SÃ, por ,aquà haiche moitas pedras petrolÃferas.
Tras varios intentos, localizamos unha das superficies prehistóricas gravadas máis impresionantes que coñecemos no continente europeo. Nuns douscentos metros cadrados gravados destaca unha concentración de circos concéntricos, na parte alta da rocha, que acada os dous metros e medio de diámetro, acompañada por coviñas en fileiras. Outras enmarcadas por motivos cadrangulares, varios antropomorfos, unha escena de monta e varios motivos únicos coma un corniforme ou unha rosácea, que lembra os arghinas románicos ou castrexos, ou incluso uns rebaixes da rocha que lembran muÃños naviculares de soporte fixo.
Se erguemos a vista do espectáculo estético e evocador que supón este monumento, quizais catro veces milenario, vemos, desde os trescentos metros de altura da nosa ubicación, o pai Miño e a irmá Portugal. Se botamos unha ollada cara o oeste, contemplamos a liña montesÃa da serra do Argalo, a Madanela e a Groba, recortado tamén o Castelo de Torroña ao sur do Coto da Mira, ubicación do devandito labirinto.
Sobre a Pedra dos Mouros, a caseta forestal, e so ela unha combinación de circos concéntricos que se achega ós tres metros de diámetro aÃnda que peor conservada. Continuamos ascendendo cara o alto do Tetón. Alà topamos dous profundos muÃños naviculares que anos máis tarde non fomos quen de localizar debido ó movemento de pedras dun cortalumes.
A riqueza arqueolóxica do entorno complétase cun catro, ao sureste, e sobre todo por unha restinga de mámoas, camposanto quer neolÃtico, quer do bronce â??entre catro e dous mil anos a.C.-, que serve de divisoria entre os concellos de Gondomar e Tui; na Raxada, continúan preto da capela de Sanomedio prolongándose cara o Castro de Pexegueiro.
Sabemos do interese de concello e comunidade de montes pola musealización da pedra dos Mouros. Oxalá se leve a cabo, é o tratamento que merece o monumento dos xebos arghinas.
*Publicado na serie Xoias de Arte na Pedra en A Nosa Terra nº 1.147, do 21 ao 27 de outubro de 2004