Centenario

Imprimir

Pulsa aqui para ver la imagen a tamaño completo ============== O tranvía nas Escolas ProvalPor Carlos Méixome
Publicado no
Xornal A Peneira

Os miñoranos Manuel L. Lemos, Eduardo Lemos e Francisco Cano Rivas reuníanse dende os primeiros anos do pasado século a fin de constituír un grupo que aglutinara aos emigrantes miñoranos na Arxentina. Os anceios socioculturais e políticos (tratábase dun pequeno grupo prorrepublicano, descontento coa monarquía borbónica)  destes emigrantes orixinarios da San Pedro da Ramallosa empurraron con forza o nacemento dunha asociación que ía ter entre os seus obxectivos a creación de centros de educación xeral, de escolas prácticas de artes e oficios, de centros de experimentación agrícola, clases nocturnas para adultos, bibliotecas populares, conferencias de divulgación científica, etc...

O 5 de xaneiro de 1905 quedou constituída a sociedade â??Unión Hispano Americana Pro-Valle Miñorâ??. Aos poucos fóronse sumando emigrantes procedentes dos tres concellos miñoranos e a idea non tardou moito en ser acollida con entusiasmo entre os residentes no veciño Uruguai. Contra o remate do ano, un dos promotores da Sociedade, Manuel A. Salgueiro, propuxo e así se acordou recadar capital para o establecemento dunha escola práctica no Val Miñor. O incremento de socios foi vertixinoso e a Sociedade mantívose da subscrición mensual dos seus asociados, de donativos extraordinarios, de recadacións de festivais, concursos, sorteos, etc., así como da renda do capital acumulado.

En marzo de 1907, solicítase ao Goberno español a gratuidade do terreo onde se pretende construír o edificio. En 1909 inaugurouse o centro de ensino primario denominado â??Escuelas Hispano-Americanasâ?? auspiciado pola Sociedade. O primeiro curso iniciouse, nun local alugado, cunha matrícula de 180 alumnos e dado o seu notable incremento (chegou a acadar os 400 alumnos matriculados) no curso 1914-15 inaugurouse un edificio propio (na actualidade â??IES Escolas Provalâ??). Estas escolas foron o máximo expoñente da Sociedade e estaban dotadas dos mellores recursos educativos da época como biblioteca, batallóns escolares, cantina escolar, clases de mecanografía, roupeiro infantil, obradoiros de imprenta e zapatería, transporte escolar, horto escolar, etcâ?¦, ademais de desenvolver outras actividades didácticas como excursións, clases ao aire libre, concursos de redacción, etc.

A elevada cantidade que a UHA Pro Valle Miñor tiña que achegar, a pesares dos reiterados chamados para recadar fondos, para manter o funcionamento das escolas (no 1932 dun orzamento de 31.804,40 de pesetas a Comisión Directiva tiña que aportar 28.504,40) e a situación de inestabilidade pola que pasaba a II República  fixo que o 30 de agosto de 1934 a Comisión Directiva da Sociedade en Buenos Aires enviase unha notificación acordando o seu peche. As escolas tomaron novos rumbos encamiñados cara a educación secundaria e profesional. Como a Sociedade se sentía incapaz de afrontar economicamente estas demandas, optou por ceder ao Estado o edificio, instalacións e materiais didácticos. Sen estar aínda rematadas as xestións produciuse o comezo da Guerra Civil e as â??Escuelas Hispano Americanasâ?? pecharon as súas portas de forma definitiva.

Van pois alá máis de cen anos dende que aquel pequeno fato de emigrantes erguera, con esforzo e xenerosidade, un proxecto asociativo que deu fecundos resultados. Durante máis de dúas décadas os mozos e mozas do Val Miñor foron uns privilexiados en comparanza cos doutros lugares do país ao contar cun centro de estudos ben organizado, con recursos e gratuíto. Sirvan pois estas liñas de merecido recoñecemento.