Tempo de Máscaras

Imprimir

Un relato de Carlos Casares

Recordo que eran dous homes vestidos dunha maneira estrafalaria. Non sei se ían disfrazados de mulleres, de sotas de bastos ou de algo polo estilo. Foi hai bastantes anos, cando eu era neno, e a memoria non está xa moi fresca para lembrar sucesos tan lonxanos. O que si recordo con precisión é que a Garda Civil andaba detrás deles, metralleta en man, e que eles fuxían polos tellados. Eu vinos precisamente preto da miña casa, escondidos detrás dunha mansarda. Como quedaban apenas a un tiro de pedra, a pesar de que levaban a cara pintada de negro, recoñecín a un dos dous, era o Juan Manuel Tejada, un veciño noso, porta con porta, fillo da Lucita Peláez, amiga da miña nai....

Leer o relato completo neste novo apartado de Secciones/Poesía-Relatos