á bandeira azul non lle vai a marcha

Imprimir

A orixe deste debate aberto no seo da organización internacional foi a destrución, durante a última noite de San Juan, do 80% dun complexo dunar en Panxón e praia América, no concello de Nigrán.

A celebración de concertos na praia ou a organización das fogueiras de San Juan podería chegar a ser incompatible coa bandeira azul. A Fundación para a Educación Ambiental, o organismo encargado de conceder eses distintivos, está estudando incluír entre os seus baremos para concedelas a prohibición dese tipo de eventos. A razón é que atentan contra os areais e poden provocarlles graves danos.

Por iso, do mesmo xeito que xa tiveron que facer anos atrás coas carreiras de cabalos, os concellos poderían ter que elixir entre a celebración de festas ou concertos sobre a area durante un ou varios días ou ver ondear a marca azul ao longo de toda a tempada estival.

A orixe deste debate aberto no seo da organización internacional foi a destrución, durante a última noite de San Juan, do 80% dun complexo dunar en Panxón e praia América, no concello de Nigrán. As dunas tardaran dous anos en recuperarse. Ese día tamén se queimaron 320 postes de protección do complexo.

 

Continúa na Voz de Galicia