Unha de duas

Imprimir
Ou en Baiona hai tradicionalmente un problema coa xestión dos nosos residuos ou é que os “Conscientes de Baiona” están especialmente sensibilizados co tema. Podemos falar de moitas cousas e tentar incluso meter cizaña para despertar as ganas de inserir un comentario, pero non hai tema que máis debate xenere que o tema dos lixos. Temos que ser sinceiros e recoñecer que non é un debate que teñamos sacado nós á palestra. Desde valminor.info xa se ten denunciado contínuamente a situación do Esteiro da Foz, a falta de limpeza nas praias ou o abandono dos puntos de recollida, que chamarlles puntos limpos sona un pouco a ironía.

¿Logo porqué o Concello non actúa? Xa pasaron os tempos en que cun tubo ao mar e un vertedoiro nas aforas do pobo o problema tíñase aparcado por tempo ilimitado. Se existise o carné por puntos para os políticos, sabemos dun par deles que os terían perdido todos. Polo menos ún deles perdeunos nas pasadas Municipais.

Son tempos de conciencia medio ambiental. O actual Alcalde acordou acertadamente o proxecto de depuradora. Non lle quedaba outro remedio, cunha Consellería de Medio Ambiente impulsándoas por toda Galicia e á espera de emitir informe sobre o PXOM. Son tempos nos que podemos concordar que queimar o lixo para producir electricidade non é precisamente a idea que temos por reciclaxe. Aqueles utópicos que demandaban plantas de compostaxe e separación de residuos para a súa reciclaxe miran con asombro como os falsos progresistas e descubridores do xa inventado se levan agora a medalla. No baúl do esquecemento quedan aquel calificativo de utópicos aos pensaban hai des anos o que pensa agora todo o mundo. Nos diccionarios a definición é visionarios. A definición para os que hoxe se apropian do discursos dos de onte é hipócritas. Pero isto non sucede somentes no ámbito medio ambiental, temos que recordar os argumentos da Plataforma contra a Autoestrada e ler hoxe algún titular, para que nos veña á boca aquela  frase tan fermosa do noso idioma: tarde piaches.

 Máis artigos en baionaconsciente.blogaliza.org