Mirando con envidia para os veciños

Imprimir
Que un Concello limítrofe con nós aposte pola Axenda 21 como método para o desenrolo urbanístico non pode máis que darnos a esperanza de que Baiona secunde a proposta. No noso concello optouse por un Consello Sectorial de Urbanismo, mais non por unha proposta urbanística sostible, polo menos ata o de agora. No avance do Plan Xeral falábase de campos de golf, entre outro tipo de ofertas turísticas. Dentro dunha Axenda 21 dificilmente encaixarían este tipo de iniciativas. A Axenda 21 é un programa desenrolado no seo da O.N.U. que pretende instaurar o desenrolo sostible como modo de actuar en diferentes eidos da vida. Contémplase a integración do medio ambiente no desenrolo demográfico e dos paises en desenrolo. En definitiva, consiste en romper coa vella relación que determinaba que para que a nosa sociedade evolucionase teriamos que sacrificar parte da nosa riqueza natural. Desa vella tara parte a frase popular: “se é polo progreso…”.

Agora temos que mudalo chip e saber que adaptarnos ao medio é a nosa salvación e que non pode ser non pode ser. Acabouse canalizar os ríos para construir, edificar sen contar con rede de saneamento ou abastecemento de auga ou aceptar proxectos faraónicos sen contar cun estudo de impacto medio ambiental independente e razoable.

Pero non podemos esquecer que a Axenda 21, como todo o que plantexa a O.N.U. somentes é un manifesto de intencións e aqueles que a adoptan como súa non son máis que pioneiros. Nigrán adopta esta fórmula no 2007, cando a Axenda 21 manifesta a intención de que no 96, a maioría das autoridades locais deberían levar a cabo un proceso de consulta popular e ter acadado un consenso sobre un “Programa 21 local”. ¿Proceso de consulta? ¿1.996? Utopías ata o de agora. Sabede todos que, como dín demagoxicamente outros nas súas frases de campaña, outra sociedade é posible, somentes precisamos de dirixentes que se crean o que dín. E en Nigrán parece que xa atoparon xente deste tipo. ¿Para cando en Baiona? Envexa de momento é o que temos. A Comisión Sectorial de Urbanismo debería optar por seguir o camiño de Nigrán, ás veces copiar iniciativas irmáns é unha boa opción.

Mais en baionaconsciente.blogaliza.org