Urbanizar o mar

Imprimir
Peirao de Baiona. Mercés moralejo
Recentemente gran parte da cidadanía de Baiona se manifestaba en contra de “urbanizar o mar” cando se concedía mediante concurso a explotación dunha lámina de auga.

Hoxe, vemos vaise ampliar o porto pesqueiro. Amplíase para instalar infraestructuras necesarias para os mariñeiros e mariscadoras. Se temos en conta que Ronáutica ainda ten pendente a metade do seu recheo, ¿non se tratan estes casos de urbanizacións directas no mar?

Non entendemos o dobre raseiro para actuacións no noso litoral. Se produce unha xeneralizada movilización en contra de colocar mortos no mar e logo van e nos enchen de cemento a baía. Entendemos que a Cofradía de Pescadores non estea en contra da ampliación do porto pesqueiro, neste caso os beneficiarios son eles e iso é distinto, claro.

Os argumentos que se engrimían contra Ronáutica ou o Clube de Iates igualmente poden ser válidos para os mariñeiros. O cemento fai igual dano no mar, haxa un Mercedes sobre él ou haxa un Seat. Igualmente non importa que se seleccione percebe ou que se vendan sudadeiras, o dano é o mesmo. A única diferencia é a repercusión social que ten a iniciativa e o modo de actuar.