Vocacións egocéntricas

Imprimir
Carlos de La Peña
O Pleno do día de hoxe será o da dimisión de Don Luis Carlos de la Peña Arizaga. Un político que, nos guste ou non, non deixou indiferente á política baionesa. Tivo a capacidade de rodearse dunha amalgama de colaboradores, metade traballadores incesantes, metade activos con alta preparación. Coma se de un virus se tratase, foi absorvendo a membros doutras formacións políticas, sobre todo da extinguida UBI (Isabel Domínguez ou Manuel González), ou mesmo xente achegada ao PP (o recén incorporado Óscar Rodal). O seu achegamento a entornos próximos á dereita lle permitiron ascender electoralmente nunha progresión sen precedentes no PSOE baionés.

Coma calqueira líder con éxito, se gañou moitos rivais na súa carreira política, moitos merecidos debido á súa actitude prepotente e desconsiderada con aqueles cós que non lle interesaba estar.

A súa visión da política lle garantizou moitos apoios dentro de aqueles que somentes buscaban un medre electoral que parase a progresión da dereita, a costa de perder gran parte dos escrúpulos que se agradecerían a un político de calidade.

A súa traxectoria en Baiona comeza coa Fundación Miñor, desaparecida logo de acada-lo obxectivo de ser candidato á alcaldía de Baiona. O seu seguinte paso foi acadar a presidencia de ACEBA. Palestra sen igual para entrar na vida política do Concello, corría o ano 2000.

Xa no 2002 a figura de Carlos de la Peña entraba nas quinielas para a candidatura socialista, logo de salvar o escollo de Emilio Iglesias. Se valeu do novo porto deportivo para probar o seu poder no partido e saiu fortalecido.

O 2003 foi o ano do cambio. O PSOE accedeu ao goberno, de man do ex-inhabilitado “Chicho” e logo de fixar como obxectivo de campaña apealo do poder. Se ben é certo que o obxectivo era apartalo da Alcaldía, se lle permitiu acceder á Casa do Concello. Pronto se comprobou que fóra un erro e tivo que rectificar, obligándose a pactar có expulsado do PP, Manolo Vilar.

Os 18 meses de goberno PSOE-BNG xunto a independentes non estivo exento de polémicas, pero o que o marcaron foi o conflicto das bandas sonoras e a presión policial no Verán, falándose incluso da colocación de cámaras no Casco Vello.

No 2004 o pacto con Manolo Vilar se tambalea, orixinándose a primeira fricción có estudio de detalle de Villa Zoila. Manolo Vilar quería unha rotonda de entrada e De la Peña omitiu esa pretensión. Un par de ninguneos similares despertou o rencor e orgullo agochado do independente e, logo de romper o pacto de goberno, se produxo a moción de censura.

No 2005 o PSOE tenta colocalo nalgún posto significativo, xa que o seu amigo Pepe Blanco non vai a consentir que as súas funcións na política sexan meramente as da oposición municipal. Por elo, soa o seu nome para a presidencia do porto de Vigo. Finalmente se levaría a perla Abel Caballero e De la Peña acabaría como delegado provincial de TRAGSA. Neste posto puido preparar a conciencia o novo asalto á alcaldía. Unha boa retribución, capacidade para contratar e actuacións públicas no Concello (asistencia nas riadas, por exemplo) foron armas á súa disposición. Namentres chegaban as eleccións, o goberno municipal tivo que executar o primeiro derrumbe dunha obra ilegal en Baiona, propiedade do candidato socialista.

Aproveitou ben o posto en TRAGSA e o 27-M do 2007 acadou a maior representación dunha forza de esquerdas no Concello, quedando o pacto PSOE-BNG a só un concelleiro da maioría absoluta, non sabemos se por erro do propio De la Peña que tiña dentro das súas variadas estratexas mandar aos seus sicarios a desprestixiar a labor política e persoal dos nacionalistas, ou por incapacidade de medre do BNG. Era a conclusión dunha carreira política con demasiadas ambicións, presas e atrancos no camiño.

Os enganados do “socialista” se frotan agora as mans, o que lles tocou vivir a eles pásao o depredador dapolítica baionesa. Non é motivo de alegría, todos cometen erros, pero nunca tantos nu partido de esquerdas tiveron unha recompensa electoral tan abrumadora. O seu epitafio político reza: “a miña vocación non era estar na oposición“, un último ramalazo de prepotencia.