A Manuel N. S.

Imprimir
A Manuel N. S.Sirvan estas liñas para por as cousas no seu lugar, e dicirlle o individuo Manuel Núñez Sestelo mais coñecido por Manolito Núñez, quen é moi doado a escribir baixo pseudónimos (lembrar o de J. ARCEA), o quizás ocultando a súa identidade baixo o anonimato; e por un caso destes atópase imputado dun presunto delicto de Inxurias e Calumnias, en referencia a unha carta que un medio de comunicación publicou días atrás, é conveniente facer as seguintes puntualizacións pola súa teima de facer mestura das cousas e feitos, co fin de quitarlle un rédito político que sempre voltéase na súa contra xa que a mentira nunca converterase en verdade, e ademais de ser sempre un perdedor por riba é mal perdedor.

1º.- Dicir que Miguel Barros Puente, foi Secretario Xeral da Comarca de Vigo mercé a un chanchoullo que desfixo o PSOE de Gondomar, non so e faltar a verdade senón qué dunha maneira mísera trata de confundir, xa que o certo é que os militantes do PSOE de Gondomar decidiron libremente co seu voto que vostede non era a persoa axeitada para representalos. E en democracia  é norma acatar os resultados, e como ben diría o noso poeta Celso Emilio Ferreiro “os mortos que vos matastes gozan de boa saúde”, igual que o partido en Gondomar, o cal está chamado a gobernar o Concello na próxima lexislatura.

2º.- Cando manifesta que se foi, debía dicir “de novo fun expulsado”, e hai que deixar claro queno seu currículo dentro do partido socialista esta engalanado por dúas expulsións, sendo esta derradeira tamén por faltas moi graves, entre elas enumerar “A falta de honra no desempeño do cargo orgánico, a irregular administración dos fondos do Partido e a utilización do nome deste para o seu lucro persoal.” Aquí aproveito a ocasión para solicitarlle publicamenteo reintegro dos cartos que pertencen a tódolos militantes do partido.

3º.- Miguel Barros Puente, por decisión persoal decide abandonar o partido, pero fíxese a queanos luz está vostede del, xa que tamén deixou o seu cargo institucional, namentres que vostede, que nestes momentos só pódese representar a si mesmo, amárrase a el como si fose un duro banco dunha galera turquesa. E non comentemos os seus intentos por afastar o grupo municipald os órganos do concello, cousa que tampouco lle saíu xa que a lei está para ser cumprida. E cando fale de Miguel Barros é conveniente de que clarexe a gorxa cunha pouca de lixivia, xa que iso polo hixiénico que é viríalle moi ben para combater os efectos nocivos de outros líquidos que afectan a súa coordinación.

4º.- Cando fai referencia a vasalaxe, humillación, subordinación, pórse de xeonllos, que axiña esquece vostede cando arrastrábase polo chan ante o “xenial” Modesto Pose (así o define vostede), co fin de que o nomease deputado provincial xa que lle fixo ver que non tiña onde caerse morto. Ver para crer.

5ª.- Mire Manolito Núñez, da súa traxectoria pública vostede pode tratar de vender todo o fumeque lle pete, pero os feitos son irrefutables, ¿como deixou o club de fútbol Gondomar despois de traizoar a D. Enrique Hermida (q.e.p.d) autentico valedor do clube?, ¿como deixou a sociedade de caza e pesca?, vostede foi votado por sentencia xudicial firme da Comunidade de Montes de Gondomar, e que dicir do seu desempeño do cargo de secretario da Entidade Local de Morgadans baixo nómina e deixar tal desfeita, dúas veces expulsado do PSOE e agora acólito do PP en Gondomar en compaña deses estómagos agradecidos que si por algo se destinguen é pola carencia de criterio propio en tódolos sensos. 
Mire, do que pode presumir e de converterse nun filibusteiro da política, onde o abordaxe tal como o facían os piratas servíalles o fin paraxustificar os medios. E si tan preocupado está pola normalidade que reina neste partido e pola política que desenrola e que vamos por bo camiño, polo único camiño que a cidadanía require qué é o compromiso de desenrolar políticas axeitadas que redunden no beneficio de todos,sendo sempre coherentes co que se di e se practica.

6º.- Por sorte para vostede, pódese sentar todo o tempo que queira no couzón da súa porta, que nunca darase conta do cadáver político no que se converteu, xa que aínda que vexa seu reflexo nun espello non se coñecerá e iso que xa cheira. Cousas da vida, como diría o insigne Castelao.

Alfonso De Lis Fiuza
Secretario Xeral da Agrupación Socialista de Gondomar