La Sexta - un partido de oro

Imprimir

Onte xogou a selección Española, a que din que é de todos e todas, pero moitos desa totalidade non poidemos desfrutar deste partido histórico porque ainda estamos sen cobertura. Xa non digo da televisión dixital, porque iso soa a utopía, soa a futurista...refírome a ver a SEXTA, a canle privada que foi a única en retransmitir dito evento.

A verdade é que podería dicir que me da o mesmo, que é televisión e unha canle máis, que toda a tv ten basura, bla bla bla... pero a verdade é que analiznadoo sinto rabia porque non entendo como se pode retransmitir un partido de interese NACIONAL por unha canle que non ten garantido o cento por cen de fornecemento.

Coido que o secreto está en dicir que a sexta ten unha cobertura do ...90% entón os dez que non poden sintonizala que se acheguen ao concello veciño para mirala.

Pero isto non pasa somentes coas canles novas, nen coas dixitais...que xa temos asumido que non temos cobertura por moito tempo, se non que por exemplo en Sabarís vemos fatal a TVE1 , esa que nos custa unha fartura manter a costa dos presupostos do estado, esta tv que é de todos..esa tampouco a podemos ver.

Algún dirá, pois para o que hai que ver, non vale a pena materse a sintonizala, pois se isto é asi ¿Para que  estamos a manter unha televisión pública os que non podemos vela?. 
eu faría a miña proposta, que me devolvan os cartos mensuais ou anuais da factura da TVE que xa verei eu de adminsitrala pola miña conta, que seguro que lle dou atopado máis xeito e podo desfrutar dos meus momentos de ocio televisivo para ver outros contidos do meu interese. Porque contidos de calidade si que existen, o que pasa que hai que buscalos e pagalos.

En fin, levamos oindo datas sobre a chegada da cobertura en boca dos políticos pero dame a min que apurarán uns meses antes do apagon alá polo 2010. E ainda así estou seguro de que haberá xente que quede sen o devandito servizo público.