Sábado, 25 Nov. 2017

Actualizado12:46:23 PM GMT

Estás en Noticias Touriño insiste en que se cumprirá a lei aínda que se estuden casos particulares.

Touriño insiste en que se cumprirá a lei aínda que se estuden casos particulares.

Correo-e Imprimir PDF
O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, insistiu hoxe en que a lei de costas debe ser cumprida, en aras de atender ao "interese de todos", aínda que admitiu que se pode estudar caso a caso o problema de particulares que poidan verse afectados polo deslinde do dominio público.

O PP anunciou onte unha iniciativa que busca a modificación da Lei de Costas, para evitar a "expropiación encuberta" por parte do Estado de edificaciones construídas con anterioridad a ese ano dentro do dominio público marítimo terrestre.

O presidente galego, que acusou ao PP de "apuntarse a un bombardeo", manifestou que cada vez que se suscita unha obra pública de envergadura "hai quen pode caer na tentación" de levantar "polvareda" e pretende facer "ruído e barullo e saca beneficio propio".

Puxo como exemplo a oposición dalgúns veciños á remodelación da estrada Nigrán-Baiona, proxecto que busca a seguridade vial, mentres o PP "apúntase" ás protestas, "pescando en río revolto, botando a cana".

Continúa no Correo Gallego