Xoves, 24 Oct. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Noticias Veciños de Tomiño encadéanse no Concello para protestar polo trazado da autovía Tui-A Guarda

Veciños de Tomiño encadéanse no Concello para protestar polo trazado da autovía Tui-A Guarda

Correo-e Imprimir PDF
A polémica polo trazado proposto pola Xunta para a futura autovía que unirá Tui e A Guarda segue xerando polémica no municipio pontevedrés de Tomiño. Onte o Concello tivo que instalar unha pantalla xigante para que os veciños puidesen seguir o pleno no que a corporación esixiu un novo trazado para a autovía pero hoxe un grupo duns douscentos veciños continuaron coas protestas e encadeouse ás portas do Consistorio.

A protesta materializouse á primeira hora da mañá, sobre as sete da mañá. Unha decena de manifestantes encadeouse á porto do Concello e o resto apoiáronos con pancartas, ocupando toda a entrada principal. Os manifestantes impediron que os funcionarios municipais accedesen ao interior do Concello.

Cotinúa na Voz de Galicia