Luns, 22 Jul. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Noticias O PSOE cualifica en Gondomar como «un ataque á intelixencia» o Plan Vigo Íntegra

O PSOE cualifica en Gondomar como «un ataque á intelixencia» o Plan Vigo Íntegra

Correo-e Imprimir PDF

Nin sequera o PSOE apoia en Gondomar o Plan Vigo Íntegra da Xunta de Galicia. Todos os grupos da corporación acordaron onte asinar unha declaración institucional en contra deste plan viario. A proposta do PP, o acordo plenario incorporarase como alegación ao documento que ata o próximo mes de setembro permanecerá exposto publicamente.

O portavoz socialista, Alfonso de Lis Fiuza, despachouse a gusto durante a sesión de onte. «Un insulto á intelixencia humana, unha defenestración do noso territorio, uns trazados irracionais feitos por algún iluminado de costas aos intereses do Concello», foron algunhas das expresións empregadas por este portavoz durante a súa alocución. «Se foi obra de Caride (a conselleira), debía de ter un mal día», afirmou o tamén portavoz socialista, Carlos Cabaleiro.

Este plan viario contempla no municipio gondomareño a creación dunha vía de alta capacidade entre Couso e Vilaza, así como unha circunvalación da vila que arrasaría innumerables propiedades e elementos do patrimonio do centro urbano.

Continúa na Voz de Galicia