Martes, 23 Maio. 2017

Actualizado10:28:06 AM GMT

Estás en Nigrán O Concello de Nigrán abre o prazo para solicitar axudas para a compra de libros de texto

O Concello de Nigrán abre o prazo para solicitar axudas para a compra de libros de texto

Correo-e Imprimir PDF

Cada alumno, que deberá estar empadroado en Nigrán e matriculado nun centro público do municipio, poderá percibir ata 65 euros que se empregarán en librarías do municipio

Na valoración final de ingresos familiares é posible descontar ata 300 euros/mes en concepto de alugueiro ou hipoteca

"Este goberno incrementou nun 100% a partida orzamentaria destinada a este fin co obxectivo de chegar a más veciños a apoiar o ensino público", indica o alcalde

O Concello de Nigrán abre o prazo do 4 ao 20 de xullo para solicitar axudas para a compra de libros de texto no próximo curso co dobre obxectivo de axudar a familias con dificultades e apoiar o ensino público. As bases saen hoxe publicadas no BOP e tamén se poden consultar na web do Concello.

Coma en anos anteriores, os beneficiarios poderán ser unidades familiares empadroadas no municipio e con fillos matriculados en centros públicos de Nigrán que cursen Educación Infantil no 2016-2017. A contía máxima de axuda é de 65 euros por cada neno e farase efectiva mediante a presentación dun vale nas librarías do municipio que se adhiran a este programa (tamén se contempla que a compra sexa a través dos centros escolares).

Para poder optar á axuda é imprescindible que os ingresos das familias se adapten ao baremo estipulado (vai dende ingresos medios de 1.312 euros/mes en familias de 2 membros a 4.701 con 9 membros ou máis). Coma o ano anterior, poderá descontarse ata 300 euros mensuais en concepto de alugueiro ou hipoteca.

As solicitudes poderán facerse entre o 4 e 22 de xullo a través do rexistro do Concello, encargándose os servizos sociais municipais de toda a tramitación.