Martes, 23 Jul. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Nigrán Nigrán aumenta a partida para o servizo de axuda no fogar no novo concurso de contratación.

Nigrán aumenta a partida para o servizo de axuda no fogar no novo concurso de contratación.

Correo-e Imprimir PDF

O Concello de Nigrán abre nos próximos días o novo concurso de contratación para o servizo de axuda no fogar.

As bases foron enviadas ao BOP para a súa publicación, dando un prazo de 15 días para a presentación de ofertas dende que saia o anuncio

O prego, cun aumento de 20.000 euros (de 145.000 euros a 165.000) inclúe como novidade requisitos específicos para garantir tódolos dereitos dos traballadores

O Concello de Nigrán afirma que enviou esta semana para a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP) o anuncio para a contratación do servizo de axuda no fogar, que se fará efectivo nos vindeiros días e que dá un prazo de 15 días de presentación de ofertas. O novo prego de condicións ascende de 145.000 euros ao ano a 165.000 e ao mesmo tempo aumenta o período de prestación do servizo de un a dous anos.

Ademais, "para impedir o actual problema de impagos ás traballadoras que si acontece coa concesionaria actual (cuxo contrato venceu o día 31 de decembro pero que prestará servizo ata que se resolva a nova adxudicación)" as bases inclúen como novidade requisitos específicos para garantir tódolos dereitos dos seus empregados, como a presentación mensual ao Concello das nóminas debidamente abonadas.

"Gustaríanos que tivese entrado en servizo o 1 de xaneiro, pero consideramos primordial elaborar unhas bases sólidas e ben pensadas que eviten problemas como os actuais, e iso foi un proceso longo. Mentres transcorre o concurso os usuarios seguirán sendo atendidos pola empresa actual", explica Juan González, alcalde de Nigrán, quen incide en que o aumento de 20.000 euros responde á vontade do goberno de dar cobertura a tódolos veciños que así o precisen.

Por outra banda, o Concello inclúe como novidade outros aspectos que permitan garantir por completo ás obrigas cos traballadores e ao mesmo tempo a correcta atencións aos usuarios, como por exemplo os requisitos de solvencia económica e financieira (volumen de negocio de a lo menos 247.000 euros e xustificados a través do Rexistro Mercantil) e solvencia técnica e profesional (relación debidamente documentada dos servizos realizados nos últimos cinco anos) ou unha garantía de 8.250 euros e unha póliza de responsabilidade civil por un mínimo de 100.000 euros para responder aos danos causados por calquera causa aos usuario"s.

Como parte do compromiso social deste goberno, no caso de empate terán preferencia na adxudicación as empresas con maior porcentaxe de persoas con discapacidade, empresas de inserción e entidades sen ánimo de lucro debidamente rexistradas ou autorizadas para prestar estes servizos", sinalan.

Actualmente, o servizo atende en Nigrán a 30 persoas dependentes de luns a domingo e a 19 en libre concorrencia de luns a venres (casos que non teñen o recoñecemento de dependencia pero que os servizos sociais do Concello sí estiman que precisan axuda). "É un servizo imprescindible na nosa política social porque contribúe a mellorar a calidade de vida de veciños cunha autonomía limitada ou en situación de desestructuración familiar", destaca o alcalde, Juan González. Este inclúe intervencións de carácter persoal, doméstico, socio-educativo ou preventivo que levan a cabo persoal cualificado con supervisión técnica directa dos servizo sociais do Concello. "Así, un traballador pode axudar a levantarse ou deitarse ao dependente, ocuparse da súa hixiene ou alimentación, acompañalo a consultas ou tratamentos, limpeza e compra na vivenda, lavado de roupa, ou prestar atención de carácter psicosocial e educativo, socialización, servizo de podoloxía ou fisioterapia... En ningún caso o tempo de atención aos usuarios pode ser menor a 30 minutos diarios".