Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O Concello de Nigrán arranca o ano co anuncio de novas contratacións a prol da seguridade vial.

O Concello de Nigrán arranca o ano co anuncio de novas contratacións a prol da seguridade vial.

Correo-e Imprimir PDF
chandebrito carretera sinpintar

As obras suporán preto de 60.000 euros segundo o Concello de Nigrán. As mesmas integran un plan de mellora da seguridade viaria deseñado polo goberno socialista. Nesta intervención as obras beneficiarán a Panxón (Camiño da Area, Arquitecto Palacios, Paraviñal), San Pedro (Manuel Misa), Priegue (Camiño do Monte) e Nigrán (Casás, Carballiños, Seixas Alto).

"Unha das prioridades deste goberno é a mellora da seguridade viaria nas parroquias e estas son obras que non supoñen gran custe económico e que, pola contra, benefician a centos de veciños", argumenta o alcalde Juan González.

Neste senso a administración arranca o ano coa contratación das obras de asfaltado en oito viais do municipio por un total de 56.332,88 euros e o pintado da estrada de Chandebrito por 2.371 euros.

Concretamente, serán pavimentadas en Nigrán a Rúa do Casás, Carballiños e Seixas Alto; en Panxón, Paraviñal, Arquitecto Palacios e Camiño da Area; en Priegue o Camiño do Monte e, finalmente, en San Pedro a rúa Manuel Misa. No caso da estrada de Chandebrito procederase ao seu pintado dende Fragoselo (onde arranca o término municipal de Nigrán) e ata o núcleo da parroquia.
"Tramo actualmente sen liñas e por tanto perigoso, xa que a visibilidade nesta zona resulta en moitas ocasións especialmente complicada", explican.

Engaden que todas estas obras, cun prazo de execución dun mes, serán financiadas íntegramente con cartos procedentes da Deputación de Pontevedra "grazas a súa nova política de devolver aos concellos o remanente resultante das baixas que se producen nas licitacións de traballos", sinalan.

"Unha da prioridades do goberno é a mellora da seguridade viaria nos camiños e estradas das diferentes parroquias e, neste caso, se trata de lugares moi transitados en nun estado moi deficiente, polo que consideramos prioritario a súa renovación. Son obras que non supoñen gran custe económico e que, pola contra, benefician a centos de veciños", explica Juan González, alcalde de Nigrán.

Afiman que segundo o propio informe técnico, "todos estes viais e camiños se atopan moi deteriorados debido precisamente ao uso intenso que deles fan os veciños e que se manterá no futuro".

Lembran que nos últimos meses o Concello de Nigrán asfaltou e acondicionou tres rúas na parroquia de Camos por importe de 79.454 euros (Milisozas, Lodeiro e Rial), a Avenida Praia América incluíndo o acceso á subida de Montelourido ou Laxes en Chandebrito. Ademais, procedeuse á contratación, entre outras, das obras de mellora da seguridade viaria en Alcalde Manuel Alonso e Vilameán (Nigrán); en Priegue (rúa Rouxo , Condomínguez e Antonexas) ou en Panxón (Espinosa, Gondomar e Area Alta). "Seguiremos nesta liña ao longo destes catro años porque realmente somos conscientes de que moitas rúas están en mal estado e precisan ser reparadas", admite González.