Venres, 18 Oct. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Nigrán O Concello de Nigrán inicia o borrado do carril bici do paseo de Praia América feito polo anterior goberno.

O Concello de Nigrán inicia o borrado do carril bici do paseo de Praia América feito polo anterior goberno.

Correo-e Imprimir PDF
Acera bici

O goberno socialista argumenta que foi unha realización que plantexaba un conflicto na circulación de viandantes e ciclista. Comunica que "exeita improvisar en actuacións deste tipo e aposta por un plan de mobilidade municipal supervisado por técnicos para crear sendas ou carrís-bicis seguros e eficaces"

"Facelo foi un despropósito porque en lugar de conciliar intereses crea conflitos e resulta perigoso ao estar invadido por macetas, farolas, bancos e ocupar o 100% da beirarrúa en moitos tramos... Por iso sempre nos manifestamos en contra", explica o alcalde, Juan González.

O Concello de Nigrán iniciou na pasada semana o borrado do do carril-bici que discorre pintado ao longo de 2,6 km da beirarrúa de Lourido (Praia América ) co fin de que quede definitivamente eliminado a inicios do ano próximo. Operarios municipais e de Cespa, ante a dificultade de quitalo sen danar o pavimento, realizaron diferentes probas durante meses para finalmente optar polo uso dun produto químico e posteriormente a aplicación dunha máquina hidrolimpiadora propiedade de Cespa, "a solución máis económica e menos invasiva", segundo o Concello. Trala eliminación destas sinais horizontais suprimiranse as verticais.

O goberno socialista de Nigrán manifestou dende o inicio a súa oposición a esta actuación do anterior mandato porque considera que se fixo de xeito improvisado e en vez de conciliar intereses de peóns e ciclistas c"rea conflitos e supón un auténtico perigo para os viandantes. Así, o carril bici feito polo PP ocupa en zonas de Panxón e Lourido o 100% da beirarrúa (obrigando aos peóns a camiñar pola estrada) e no paseo de Panxón os vehículos non teñen outra opción que invadir o propio carril-bici. Ademáis, maceteiros, farolas e bancos o interrompen en todo o tramo, supoñendo un obstáculo máis á circulación. Todo elo xera perigo ou sensación de perigo, polo que o borrado é tamén unha das peticións máis demandadas pola veciñanza, que dende a súa implantación en febreiro do ano pasado comprobaron o despropósito do deseño".

"Apostamos pola creación de sendas peonís e carrís-bicis que fagan de Nigrán un municipio amigable para as persoas, pero sempre ben plantexados e sen que supoñan un perigo engadido ao propio tránsito de peóns ou ciclistas, xa que é o que precisamente deben favorecer", subliña Juan González, alcalde de Nigrán.

Así, o rexedor aposta pola creación dun plan de mobilidade que baixo a supervisión de técnicos defina claramente estes espazos, de xeito que resulten sempre seguros e eficaces e nunca quiten prioridade aos peóns. "A mobilidade peonil é a forma máis natural e básica de desprazarse, ningún outro tipo de mobilidade pode substituíla", considera González, que aposta por políticas que prioricen aos peóns seguido de bicicletas, transporte público e vehículo privado.

Precisamente, o carril-bici incumpría todas estas premisas: os peóns non podían camiñar polas beirarrúas nen sentarse nos bancos sen perigo de atropelo, e por outro lado, as bicicletas víanse obrigadas a sortear todo tipo de obstáculos perigosos que atrancaban o carril e mesmo vehículos. "A súa creación supuxo relegar ao viandante a un segundo plano, cando precisamente todo deseño urbano debe contemplar o contrario", considera González.