Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán A Policía Local de Nigrán incauta xoias e outras pertenzas roubadas nunha finca de San Pedro.

A Policía Local de Nigrán incauta xoias e outras pertenzas roubadas nunha finca de San Pedro.

Correo-e Imprimir PDF
xoias nigran

Foron detidos tres mozos de procedencia albanesa como presuntos autores do roubo de xoias e outras pertenzas depositadas en bolsos incautados por axentes da Policía Local de Nigrán.

A detención tivo lugar onte na rúa Francisca Lago, en San Pedro da Ramallosa. A identificación e posterior captura dos presuntos autores puido ter lugar grazas á colaboración cidadá, segundo dá coñecer o parte policial.

Alertados por un veciño sobre as 11 de noite do xoves, axentes policiais iniciaron a pescuda de tres mozos na zona. Os mesmos foron vistos cando abandonaban a pé a finca de San Pedro. Outra testemuña tamén advertiu aos axentes da presenza de tres mozos que cubrían o rostro para non ser identificados pola zona.

Finalmente foron identificados nun bar da zona e estableceuse vixilancia. Un deles saíu do establecemento para deixar na rúa Francisca Lago preto de Manuel Lemos dous bultos. Resultaron ser dous bolsos onde se atoparon xoias e outras pertenzas.

Inmediatamente os axentes procederon a deter aos sospeitosos. Deseguido tomou cartas no asunto a policía xudicial a que está a procurar máis información sobre os detidos, quen poden estar involucrados noutros delitos similares.