Familia en paro e con trixemelgos recibe o compromiso de apio do alcalde de Nigrán

Imprimir
trixemelgos

O alcalde de Nigrán, Juan González, recibiu hoxe a unha parella veciña de Priegue (Nigrán) que vén de ter trixemelgos. González reiterou todo o seu apoio ao pais das criaturas, Andrés Heredia e Gabriela Apaza, ambos de 26 anos e en situación de desemprego.

O Concello sinala que "os Servizos Sociais do Concello están volcados coa súa situación tramitando todo o tipo de axudas ás que poden optar".
Os tres fillos (Valentina Isabel, Julio Leonardo e Borja Octavio) naceron o 31 de xullo no Hospital Xeral despois de que a parella regresase definitivamente de Bolivia en xuño, país onde se coñeceron tras desprazarse ata alí Andrés para unha estancia de estudo na rama de Historia, a súa licenciatura.

Paralelamente, o rexedor agasallou aos nenos con diferentes produtos de coidado diario ou roupa. "Dende o Concello queremos apoiar as familias, máxime cando os pais se atopan no paro e con tres bebés, polo que dende Servizos Sociais se lles está prestando toda a axuda posible", asegurou González.

"Agora o máis urxente é topar un emprego para min, estou aberto a todo", incidiu pola súa banda Andrés.