Sábado, 20 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Tras 100 días de goberno socialista en Nigrán UCN fai pública a súa valoración da xestión.

Tras 100 días de goberno socialista en Nigrán UCN fai pública a súa valoración da xestión.

Correo-e Imprimir PDF
antonio fernandez

O partido Unión Centrista de Nigrán (UCN), por medio do seu portavoz e líder, Antonio Fernández Comesaña, valora a xestión dos 100 primeiros días do goberno socialista en Nigrán, destacando en positivo catro aspectos:

1.- En primeiro lugar, o feito de apoiar que tanto UCN como o BNG puidésemonos constituír en grupo municipal propio, e non integrarnos no grupo mixto como sucedera na pasada lexislatura, alcanzando a representatividade en todas as comisións informativas, así como maior participación e pluralidade política de todos os grupos representados na Corporación.

2.- Maior vontade de diálogo e consenso con todos os grupos políticos, o que propiciou que a maioría dos asuntos debatidos en pleno fosen aprobados, nalgúns casos por unanimidade, e noutros con amplo respaldo do resto dos grupos da oposición, froito dun maior diálogo e consenso, inexistentes na pasada lexislatura.

3.- O poñer en marcha o cumprimento do acordo plenario, que como consecuencia da moción presentada por UCN e que en marzo de 2014 foi aprobada cos votos do PSOE, BNG e UCN, recuperando o dobre sentido da circulación na rúa Mariñeiro (Panxón), así como as paradas do transporte público na PO-325 (cruzamento Bouzabella e Estación), por unha decisión arbitraria e caprichosa levada a cabo polo ex_alcalde Popular Alberto Valverde, sen que tal medida contase con informe favorable da Xunta, como titular do citado vial.

4.- O haberse aprobado (a proposta de NigránDecide), a creación dunha comisión de "suxestións e reclamacións", o que vai permitir aos cidadáns canalizar as queixas do posible deficiente funcionamento da administración, e que xa nestes momentos está dando lugar a queixas verbais que chegan a UCN, por reclamacións patrimoniais por danos a particulares ocasionados polo deficiente funcionamento dos servizos públicos, e que en moitos casos acumulan atrasos de máis dun ano no seu tramitación, co conseguinte prexuízo aos veciños, e que UCN xa puxo de manifesto na última reunión celebrada.

E como aspectos negativos destacamos:

1.- Non dar información pública de que desde o pasado mes de xullo -data en que finalizou o prazo de 2 anos-, da suspensión das licenzas urbanísticas como consecuencia da aprobación inicial do PXOM en xuño de 2013 por parte do PP, dun documento moi deficiente, que prexudicou aos veciños. Agora haberán de retomarse aqueles expedientes paralizados ou denegados no seu día, tendo que resolverse aplicando as NNSS actualmente en vigor, polo que UCN xa solicito no pasado pleno, que se de ampla información pública para que os veciños estean debidamente informados.

2.- O propoñer o incremento do 10% dos valores catastrais do Imposto sobre Bens Inmobles de natureza Urbana (IBI), e só rebaixando o tipo impositivo do 0,6% ao 0,52%, polo que UCN propoñerá no próximo pleno unha maior rebaixa do tipo impositivo fixándoo no 0,50%, que era como estaba antes de chegar o PP ao goberno e que logo subiu.

3.- A falta de información en canto a saber si o goberno mantén abertas negociacións con grupos da oposición, para articular un goberno estable, ou pola contra, se decanta en seguir gobernando en solitario durante toda a lexislatura e buscando apoios puntuais co resto dos grupos políticos.