Martes, 23 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Veciño de Nigrán esnaquiza unha farola da rúa Mirambell ao conducir baixo os efecto do alcohol.

Veciño de Nigrán esnaquiza unha farola da rúa Mirambell ao conducir baixo os efecto do alcohol.

Correo-e Imprimir PDF
furgoneta2mirambell
furgoneta1mirambell
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

A Policía Local de Nigrán detivo a noite do martes a un veciño do municipio (F.M.C.) de 62 anos tras chocar cunha farola e arroxar un resultado positivo por alcoholemia de 0,99 mg/litro de aire aspirado. Practicamente o cuádruplo do permitido.

A Policía Local recibiu unha chamada ás 21,30 horas do servizo 112 comunicando a saída de vía dunha furgoneta na rúa Tomás Mirambell número 91, a cal impactara contra unha farola do alumado público deixándoa esnaquizada.

Os axentes realizáronlle o test de alcoholemia comprobando o mencionado resultado positivo e, polo tanto, trasladaron o vehículo ao depósito municipal.

O detido será sometido a xuízo rápido o sábado 26. Dáse a circunstancia de que xa fora imputado días atrás por conducir baixo os efectos do alcohol, sinala o parte policial.