Sábado, 20 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Derruban o muro da pista de frontón que invadía parte da Estrada pola Vía en Lourido.

Derruban o muro da pista de frontón que invadía parte da Estrada pola Vía en Lourido.

Correo-e Imprimir PDF
derrubo-fronton-lourido

O Concello de Nigrán informa do derribo do muro da pista de frontón que invadía a beirarrúa e obrigaba un estreitamento da Estrada pola Vía á altura de Praia América (Lourido). "E historia dende onte" sinala o escrito municipal que lembra que o seu derrube era un reclamo deste goberno do socialista Juan González.

Engaden que o frontón e outras construcións como garaxes, supoñía un obstáculo ao estreitar ao límite a calzada na zona de Lourido, "onde quedaron varias edificacións sen expropiar no momento no que o anterior goberno do PP iniciou as obras de acondicionamento, o que supuxo que estas penetren na calzada impedindo o tránsito normal de vehículos, ciclistas e peóns".

"O frontón obrigaba a facer un zig-zag sen sentido, aumentando incluso o perigo do víal, así que é unha boa nova que ao fin fose derrubado, como sempre esiximos", resume o alcalde Juan González.